lunes, 13 de julio de 2009

TRINTA ANOS DA COMISIÓN "DA PONTE"



  • UNHA COMISIÓN, QUE RESULTOU SER UNHA EXCEPCIÓN

Hai un dito moi habitual entre os políticos que reza así: “cando queiras que algo non funcione crea unha comisión”. Mais os ditos, o mesmo que todas as regras, teñen tamén as súas excepcións que os confirman. É posíbel que sobre a nosa Illa exista unha lei da gravitación universal diferente, como din que sucede no Triángulo das Bermudas, na que se producen fenómenos estranos que non teñen explicación científica. Na Arousa funcionaron todas as comisións para confirmar a regra.


Presentación da Candidatura que gañaría as primeiras eleccións ó

Concello de Vilanova. Esta candidatura leva no seu programa

a segregación da Illa de Arousa do Concello

A Agrupación Independente da Illa (A M D G) gañou as primeiras eleccións democráticas ó Concello de Vilanova. No Concello non había máis diñeiro que no capítulo 1 dos orzamentos municipais, escasamente para pagar ó persoal. Desde abril de 1.979 (mes no que tomamos posesión do goberno municipal) ata xaneiro do ano seguinte tan so puidemos comprar a crédito algunhas bombillas que levaban moito tempo fundidas e algúns sacos de cemento para tapar as pozas máis fondas.

O feito de non ter diñeiro, a longo prazo resultou ser positivo. Pois como di o refrán a “fame aguza o enxeño”. Pasamos oito meses longos imaxinándonos como podíamos facer cousas sen diñeiro. Creando comisións, involucrando os veciños en iniciativas populares, que resultaron ser proveitosas.

A primeira comisión en formarse foi a Comisión da Ponte a finais do mes de maio:

O bar Ribeirán (o de Tucho), tiña un reservado onde cataban os fabricantes os productos que elaboraban de cada colleita de mariscos ou peixe, que regaban con viño do ribeiro, de aquel arreluado, case da cor do leite, que se servía en cuncas de louza branca. Á primeira cita convocada dende a Tenencia de Alcaldía acudiron todos os representantes das poucas asociacións (estabamos no comezo da democracia e aínda a sociedade se estaba vertebrando) e os membros mais representativos do que daquela se denominaban forzas vivas.

A Asociación de Veciños, a Asociación Cultural Dorna, a Asociación de Pais de Alumnos, o Pósito, en representación dos mariñeiros, tamén había representación dos productores de mexillón, dos comerciantes, dos fabricantes e ¿como non?: os sobreviventes da primeira comisión “Pro Puente”da que xa teño falado. Como non teño constancia de que ninguén se queixara por discriminación, podo dicir que estabamos todos os que tiñamos que estar reunidos arredor da mesa familiar do reservado do bar Ribeirán.

Ó remate a comisión non era máis que un cabo polo que tiraban os cinco mil veciños da Illa (os seis mil presos como dicía o reclamo, anque na realidade non chegabamos a cinco mil) arrastrando á ponte dende Madrid ata a punta do Bao. Os membros da comisión limitabámonos a controlar os esforzos e a que todos tirásemos a un tempo e na mesma dirección.

UNHA COMISIÓN DE COMISIÓNS

Aquela reunión era chocante en canto a maneiras de pensar e de enfocar o tema: Xente maior, moi escaldada por fracasos anteriores, mozos xoves que todo o vían claro e fácil e algúns, os menos, que pensabamos que a consecución do soño da ponte pasaba por un traballo serio, pensado e ben organizado. Despois de escoitar exposicións e tamén disquisicións, temperouse o debate e pasouse a valorar o que podíamos facer:

Para empezar había que conseguir diñeiro, pois o Concello estaba en bancarrota e polo propio orgullo do pobo da Arousa, que non quería que os de Vilanova nos puidesen botar na cara que viaxabamos e montabamos festas co diñeiro do Concello, decidimos crear un equipo que se encargase de arranxar diñeiro de forma digna e simpática e que o mesmo tempo axudase a publicitar a causa. Este equipo denominouse a comisión económica. Esta comisión recadou coa venta de rifas, pegatinas, bolsos, gorros, cerámica popular e consumicións na cantina da festa, máis de dous millóns de pesetas daquela época, que deron e sobraron para todas as actividades.

Tamén había que conseguir apoios políticos, pois era preciso que non se producisen fisuras entre os grupos políticos locais e presentarnos coma un bloque diante da administración. Por iso dentro de esta comisión escolléronse ós representantes dos principais partidos e a persoas de relevancia na localidade.

Esta representación é a que se entrevista en dúas ocasións co Ministro de obras públicas e que goza do visto e prace do deputado JCursivaosé Antonio Gago Lorenzo ( que asinou co máis tarde ministro de Obras públicas, Sancho Rof, unha interpelación ó Goberno solicitando a construcción perentoria da Ponte). Foron cinco membros desta comisión os que lle escoitaron ó Ministro aquela orixinal forma de dicir que si, que teríamos ponte, cando lle mostraron a interpelación pedindo a ponte que el mesmo asinara sendo deputado: “Me habeis pillado por los huevos”

De todas maneiras o máis importante era crear na opinión pública a sensación de que a nosa reivindicación era xusta e sentida por todos os pobos da comarca. Para iso creouse unha comisión de propaganda que conseguiu que durante aquel verán do ’79 a Ponte da Illa e as actividades que se desenvolveron en torno a esa reivindicación, empezando polo slogan “A ponte unha chave para seis mil presos” que se popularizou en todas partes, pois en aquel verán non saía ninguén da Arousa sen portar unha prenda co reclamo. Os medios de comunicación tanto de Galicia como do resto do estado fixéronse eco da perentoria necesidade que tiña a Illa de unha ponte..

Esta comisión formada maioritariamente pola mocidade que se integraba na Asociación Cultural Dorna foi a verdadeira alma da campaña: Aportaban ideas e traballaban organizando actos, pintando os muros, visitando xornais e xornalistas, entrevistándose con xente da cultura e do espectáculo...

A FESTA DA PONTE

o

  • O Grupo Milladoiro compuxo para a festa a peza Polca da Arousa

O domingo día 29 de Xullo de 1.979, desde moi cedo o peirao de Vilanova está cheo de xente que se arremuíña en torno as dúas motoras e o transbordador (A Barcaza) para ver de conseguir descubrir a Illa de Arousa. Máis de seis mil persoas chegaron ó Cabodeiro procedentes dos máis distintos pobos e aldeas de toda Galicia. A maioría era a primeira vez que pisaban a cuberta de un barco. ¿Cal era o motivo deste singular cruceiro? A eficacia dun slogan e un programa de festexos que convocaba os principais grupos de folk e rock de Galicia. Dende as nove e media da mañá ata altas horas da madrugada houbo festa rachada no recinto do Colexio Público. A esta festa tamén asistiron as principais autoridades políticas de Galicia: O secretario da incipiente Xunta de Galicia, o gobernador Civil, o Delegado de Obras Públicas, varios deputados, todos os alcaldes da comarca, coa excepción do de Cesures, que se foi cabreado porque un policía local o tratou de malos modos cando intentaba o imposible de conseguir, un sitio para aparcar en Vilanova...

O domingo día 29 de Xullo de 1.979, desde moi cedo o peirao de Vilanova está cheo de xente que se arremuíña en torno as dúas motoras e o transbordador (A Barcaza) para ver de conseguir descubrir a Illa de Arousa. Máis de seis mil persoas chegaron ó Cabodeiro procedentes dos máis distintos pobos e aldeas de toda Galicia. A maioría era a primeira vez que pisaban a cuberta de un barco. ¿Cal era o motivo deste singular cruceiro? A eficacia dun slogan e un programa de festexos que convocaba os principais grupos de folk e rock de Galicia. Dende as nove e media da mañá ata altas horas da madrugada houbo festa rachada no recinto do Colexio Público. A esta festa tamén asistiron as principais autoridades políticas de Galicia: O secretario da incipiente Xunta de Galicia, o gobernador Civil, o Delegado de Obras Públicas, varios deputados, todos os alcaldes da comarca, coa excepción do de Cesures, que se foi cabreado porque un policía local o tratou de malos modos cando intentaba o imposible de conseguir, un sitio para aparcar en Vilanova...

Colocación primeira pedra, tres anos despois

viernes, 10 de julio de 2009

"FINEZZA"


Os Italianos teñen unha palabra dificil de traducir, "finezza", que ten que ver con sutileza, aguda intelixencia, crítica con elegancia...

Esta é, o meu xuizo, o calificativo que se merece a pancarta que figura no lugar do que foi a fonte do Charco.

Sei que hai motivos tantos para a crítica, como para a xustificación.

Unha fonte no medio da praza como peden os veciños, para a súa utilización é invíable: é un perigo para o tránsito e non ten obxecto habendo traída de auga pública.

Unha fonte decorativa en memoria do antigo pozo do Charco, pode ser unha boa suxerencia que satisfaza a todos.

jueves, 9 de julio de 2009

POÑENDO AS COUSAS NO SEU LUGAR


Cando mexes na auga corres o risco de alodala e logo has de esperar a que o fango apousente para poder ver o fondo.

No escrito titulado “tropa bolivariana” utilicei unhas coplas de Juanito do Nicho (Juan Otero Maeztu) de forma incompleta e dándolle un sentido distinto do que o autor pretendía. Non sería xusto nin honrado con el si non sitúo os feitos dentro do propio contexto histórico no que se producen.

Juanito foi bo amigo e admiraba e respectaba os grandes mestres que na Segunda República houbo na Arousa: D. Antonio Morales, D. Luis de Sáa…

Non era a estes mestres os que el se refería.


Esta canción foi escrita nos anos coarenta, cando foron nomeados mestres xentes que por título tiñan o Carné da Falanxe. A estes “mestres”, refírese Juanito e moi en especial a unha mestra pola que sempre mostrou un gran "aprecio" e que incluso chegou a escribir o seu epitafio, en vida da mesma. (Esta mestra sobreviviu a Juanito en máis de vinte anos)

O epitafio era:

“Mala como un vendaval,

Que todo tira y arrasa,

Fue maestra nacional

Y se llamaba Tom…”

A letra da canción, que utilicei parcialmente e que non correspondía o que pretendía transmitir o autor, transcrita completa é como sigue:

Dale que dale,

Zumba que zumba,

En la playa del Naval

Apestando está una burra.

Es lamentable

De todas veras,

Que tengamos que cargar

Con las burras forasteras.

Aquí en este pueblo

Sobra la instrucción

Para “pescar chopos

Chéganos Ramón.

San Julián bendito

Que tan alto estás

Que “haiga” más maestros

No consientas ya.

En el Cabodeiro

El muelle da compasión,

Tiene cada brecha

Para tragarse un bocoy.

Y los adoquines

Por obra de Dios,

No hay dorna “polbeira”

Que no tenga dos.

Dale que dale,

Zumba que zumba,

En la playa del Naval

Apestando está una burra.

Es lamentable

De todas veras,

Que tengamos que cargar

Con las burras forasteras.

tio juanito 001.jpgBar o Nicho

É de salientar a destreza do bardo na utilización das metáforas e das complicidades que establece co pobo, pois sen nombrar a nenguén coas palabras Naval e burra, retrata unha personaxe e cos adoquíns do Cabodeiro sustraídos por os mariñeiros para as dornas, fai o propio coas esixencias culturais e a sensibilidade social de aquel lamentable periodo da nosa historia.


lunes, 6 de julio de 2009

ASOCIACION MEDIOAMBIENTAL O CARREIRON

A Asociación Medioambiental O Carreirón acaba de publicar un libro guía de aves e mamíferos da zona.
Antes de pasar a comentar os contidos do libro, quero dar os parabéns a este reciente colectivo ecoloxista, que nace con forza e ilusión e que acaba de sorprendernos con esta excelente publicación e que nos promete seguir por este camiño divulgando outros aspectos menos coñecidos de O Carreirón.




"Guía Natural do Carreirón AVES e MAMÍFEROS" é o título do libro asinado por Miguel Ángel Conde Teira e Samuel Paz Parracho.
A Guía primorosamente editada, con maravillosa fotografía, mostra nas súas cen páxinas, máis de duascenta cincoenta especies e castes de aves e mamíferos con presencia no Carreirón.
Tamén conta con un código de cores das especies, Invernantes, en paso, reproductoras, residentes, época de reproducción, especies vulnerables, especies en perigo e especies protexidas. Nas fotografías das aves reprodúcense o macho e a femia, naquelas que se aprecian diferencias.
Ó fin recóllese un índice das especies e déixanse unhas páxinas en branco para anotacións dos interesados.
O libro distribuese gratuitamente.
Se estás interesado no mesmo diríxete o Concello da Illa de Arousa.


martes, 26 de mayo de 2009

"TROPA BOLIVARIANA"



No mes de maio os potes de barro florecían na solaina da casa dos meus bisavós.
Eran xeranios vermellos, que se esparramaban ata pousarse na varanda de madeira de tea.
A miña bisavoa sentada nunha vella cadeira de asas colocada de maneira axeitada para que lle batese o sol nas pernas e a sombra na cabeza, despois da cabezadiña da sobremesa, contábame contos de santos e de bandidos.

En varias ocasións contoume o conto de San Perico:
San Perico era un apóstolo. Máis non só…Era o elixido por Xesús para ser a cabeza da igrexa. Malia a cabeza de san Perico non tiña cabelo. Deus para compensar deulle unha fermosa barba - xustificaba miña bisavoa - e as moscas tampouco respectaban tan transcendental testa.


Cando un día unha ousada mosca aterrou na lustrosa coroa e lle enterrou o ferrón, san Perico, que era de pronto súpeto, votou man dos seus superpoderes e matounas todas.


Anque nunca gustei das moscas, a aquel meniño que escoitaba embebido aquelas historias parecíalle inxusto, que san Pedro, por unha mosca matase todas.

Un ousado e valente anónimo, que se agacha debaixo do seudónimo de Pepito, e que dí ter sido meu alumno, no blog http://arousadebate.blogspot.com/insúltame e descualifícame como docente e como persoa. É o seu parecer e non pretendo emendalo. ( Non vou retirar o escrito, quen queira lelo: está nos comentarios ós resultados das eleccións do 1 M, baixo o pseudónimo de Pepito). Só me permitirei a pequena vanagloria de non ter tido nos meus longos anos de profesión un só problema.

O que non comprendo ós meus anos, como non comprendía de neno no conto, é que lle fixeron os outros catro Mestres que nomea literalmente (cinco si contamos outro que cita noutro blog) . E todos os demais Mestres que pasaron polas aulas da Illa de Arousa, os que cualifica, sen excepción, de "tropa bolivariana".

Desde a miña maneira de ver, sempre subxectiva, mais honrada, quero manifestar o meu orgullo por formar parte de un colectivo de docentes tan competentes, preocupados e capacitados, coma os que se nomean e ós que pretendidamente se insulta. Digo pretendidamente, pois ata para insultar é preciso saber. Ser Bolivariano non é o mesmo que ser chavista. Bolivar foio o gran líder da independencia de Sudamérica. Bolivariano é un seguidor das ideas de Simón Bolívar, que era un criollo, e nada teñen que ver coa doutrina de Hugo Chavez.

Se o adxectivo bolivariano vai contra aqueles que tivemos algo que ver coa "independencia" da Arousa do concello de Vilanova, particularmente, considérome acreedor e honrado de selo.

Para xustificar os cualificativos que lle dedico os meus compañeiros de aulas (o pé de un cento), hei de recoñecer que non todos eran excelentes; pero si, a maioría. Non hai máis que comparar os resultados académicos e as actividades escolares para, ver que non desmerecen os de outros centros públicos ou privados:
Varios alumnos foron distinguidos con importantes premios tanto a nivel provincial, como autonómico e incluso un a nivel comunitario.
Algúns profesores foron recoñecidos con galardóns, tanto individuais como colectivos (tal coma o Segundo Premio “Rodríguez de la Fuente”, por un traballo en equipo sobre as orixes, formación, flora e fauna de Carreirón).


Juan Otero Maeztú, máis coñecido por Juanito de Luísa ou Juanito o do Nicho, foi o bardo por excelencia durante o século pasado na Arousa. Dotado de unha notable intelixencia crítica, de unha fina ironía, e de unha capacidade extraordinaria para versificar deixounos un puñado de coplas que nos mostran as grandezas e miserias da época e tamén o pouco que mudaron estas en tantos anos.
Nun libro de coplas de tradición oral recollidas, mecanografadas e atadecoradas con orlas por os alumnos de octavo nivel de Primaria do Colexio Público no curso 1980-81, aparecen varias atribuídas a Juanito de Luísa. Entre todas escollo esta que segue para ofrecerlla a todos os Pepitos presentes, pasados e futuros:
San Julián Bendito,
que tan alto estás,
que “haiga”más Maestros
no consientas ya.
Aquí en este pueblo
sobra la instrucción,
“para pescar chopos
chéganos Ramón.”
En el Cabodeiro
el muelle da compasión
tiene Cada brecha
para tragarse un bocoy
Y los adoquines
por obra de Dios,
no hay “dorna polbeira”
que no tenga dos.

martes, 5 de mayo de 2009

A ILLA QUE PERDEU O NOME


En un  tempo moi lonxano había unha illa deitada nun berce de auga con baldas de granito cubertas de prados e carballeiras.

Tapouse con un manto verde e deixou fóra as cabezas pétreas que salientaban a placidez de tan harmonioso leito.

Cando pasaban os exploradores cos seus barcos de madeira varaban  nas areas das dunas que a arrodeaban a modo de colchón e bebían das súas fontes e descansaban nas sombras do seu verdor.

Eran rudos homes de mar, que cando regresaban a súa dura vida de conquistadores de terras, bautizaban a illa con un nome que a distinguía de tantas outras illas que xa coñecían e bautizaran antes e de todas aquelas outra que esperaban descubrir e bautizar máis adiante.

A illa deitada nun berce de auga sobre un colchón de dunas de douradas areas tivo moitos nomes. As veces un mesmo nome ía mudando co tempo, o último nome co que foi coñecida era o de Arousa.

 Un explorador da historia, chamado Valentín Viqueira, andou percorrendo libros e vellos pergamiños para encontrar a orixe do nome perdido.

 Primeiro observou que o nome de Zaragoza, tiña a mesma terminación que o da Illa do nome perdido, pois a illa noutro tempo chamouse Arouza  (castelanizado como Aroza), que perdeu o zeta por ser terra de seseo.

Cando os romanos penetraron no río Iber (Ebro) fundaron unha cidade encomendada o primeiro Emperador que pasou de ser un home a ser un deus: Octavio Augusto (César Augusto). O nome con que os romanos bautizaron a capital aragonesa foi o de Cesaraugusta. O nome foise modificando co tempo ata chegar o actual Zaragoza.

Valentín Viqueira  baseándose en un paralelismo semántico e na tradición de que na Illa sen nome había un altar na honra de Augusto, chegou a conclusión que o nome que os romanos lle deron foi o de Altar de Augusto: Araugusta, que nun proceso de mudanzas semellante o da capital maña acabou en Arouza (Arousa, en terras de seseo).

Ese nome máis adiante estendeuse á Ría que a acolle e lévano de apelido de distinción  algunhas vilas do entorno.

Cando se perde o nome da Terra, é que se produce unha amnesia xeral do seu pobo, de tal maneira que pouco a pouco van desaparecendo os nomes dos lugares, bairros ou rueiros e seguidamente os nomes de familia ou alcumes. Tamén se perden as tradicións e ata o seu ADN pode mudar e en consecuencia converterse en calquera outra cousa.

 

Non somos de Vilagarcia, nin de Vilanova, nin de ningunha illa de Arousa. Somos da Arousa, que é o nome da nosa Illa.

miércoles, 29 de abril de 2009

OS BOLECHAS NA ILLA DE AROUSA





O recoñecido deseñador gráfico PEPE CARREIRO, autor da colección de libros infantís os "Bolechas van de viaxe" adícalle un libriño a Illa de Arousa co título de O CON DA ILLA DE AROUSA ( Publicado por edicións A NOSA TERRA).

O libro recolle coa habitual mestría do autor deseños dos recunchos máis singulares e lindos da nosa Illa:
A ponte, O pairao de pau, os cons máis vistosos ( Con Serrado, Con de Tres Pes, Con da Abella), o muiño de mareas das Aceñas, o museo da conserva, o faro, esculturas de Camilo Otero, o mirador do con do Forno,o paseo da area da Secada, o muiño do vento, o moderno edificio do concello e o centro sociocultural.


O Concello da Illa de Arousa contribuiu a esta edición coa adquisición de dous mil exemplares para as bibliotecas escolares e para a biblioteca pública.

viernes, 27 de marzo de 2009

A POLÉMICA ESTRADA DO PORTO


A Illa de Arousa leva tres anos esperando o comenzo das obras de acceso o peirao do Chufre. Non se trata de unha obra caprichosa ou de un enfeitamento arbitrario. Trátase de unha obra imprescindible para o desenvolvemento económico do porto e da Arousa. Todos os arousáns deberiamos ser conscientes deste feito.
Cando se aprobou a construcción da ponte xustificábase o investimento en parte por a proxección futura de un gran porto pesqueiro no corazón da ría de Arousa, coas instalacións precisas ( gran lonxa, cámaras frigoríficas, ...), que fose referencia do marisqueo e da pesca de baixura.
Para a consecución de este fín, que potenciaría a economía insular e colocaríanos nunha posición, que xa quixeran para sí os demáis portos da ría, e necesaria unha estrada que facilite a entrada dos medios de transportes axeitados. 
A construcción de esta estrada estase demorando en exceso por intereses privados e políticos, que están contribuíndo a frenar o desenvolvemento da Illa de Arousa.
A Arousa sempre foi un pobo combativo e solidario e foi capaz de enfrontarse con movilizacións a todas aquelas arbitrariedades que a asoballaban. Desta maneira conseguironse a ponte a erradicación do can..

Todo o que temos, foi conseguido con esforzo, con sacrificio, por iso non comprendo a actual pasividade diante de aqueles que antepoñen os seus intereses políticos (anque tamén privados en algúns casos) os verdadeiros intereses do pobo.
Se aínda queda algo de aquel espíritu combativo dos arousans eu convídovos a rebelarnos.
Se pretenden unha maniobra política que demore aínda máis a construcción da estrada de acceso o porto debemos ir pensando en facer algo sonado.
 
Hai fórmulas

martes, 4 de noviembre de 2008

A GALESCOLA


A finais de outubro comenzaron as actividades na Galescola da Illa de Arousa. Penso que tanto a iniciativa como as prestacións que ofrece merecen un comentario:

Como é sabido estas escolas-gardería están pensadas para acoller crianzas de tres meses a tres anos, o que facilita a reincorporación dos pais (particularmente das nais) o seu traballo habitual.

Estas escolas están dotadas dos mais modernos sistemas de protección con aparatos de xogo axeitados para cada idade, con un chan sintéctico mol para evitar feridas nas frecuentes caídas
dos nenos e con profesionais preparados.

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar di que:
As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.As galescolas son un proxecto de calidade que potencia a educación en galego, na tolerancia e no respecto, superando o concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.
A Galescola de A Illa de Arousa está acollida dentro do recinto escolar do Tallo (Cabodeiro) e foi proxectada pola Arquitecta Municipal, que combinando novos materiais con materiais tradicionais soubo dar unha resposta axeitada o reto de compaxinar funcionalidade e estética dentro do marco de unha proposta orixinal.

lunes, 13 de octubre de 2008

RAMON FERRO SUBCAMPION MUNDIAL



O club de piragüismo Illa de Arousa leva vintecinco anos preparando a mocidade da Illa e mesmo da comarca nas diversas modalidades de probas deportivas en canoas ou piraguas.

Esta experiencia ten un gran significado na vida da xuventude arousán, pois houbo momentos nos que participaron máis de un cento de xoves (de crianzas a mozos) e conseguiron por o nome da Arousa no máis alto nivel dentro deste deporte, conseguindo campionatos nacionais, europeos e tamén mundiais.

Esta relevancia débese sobre todo o esforzo dos nosos deportistas, máis non debemos esquecer aos pais, que nos momentos máis difíciles ofrecíanse a levar os seus fillos no coche a calquera lugar onde se celebrasen competicións. Véñenme a cabeza os nomes de varios destes pais, mais non vou nomear a ninguén, por se me esquezo de alguén. Só quero lembrarme de Arturo Paz que leva toda a súa vida traballando co fin de consolidar este equipo.

[ferr.jpg]

Hoxe os meus parabéns son para Ramón Ferro, que por terceiro ano consecutivo sóbese a un podio internacional na súa especialidade C2 con Óscar Graña de parceiro.

Ramón, todos os arousáns nos alegramos dos teus éxitos, e fasnos sentir o orgullo de selo.



martes, 20 de mayo de 2008

UN DRAKKAR NA TERRA DOS CARCAMANS




Hai uns mil anos a presencia de un drakkar nas augas da ría de Arousa desataba un pánico xeral. As Torres Vixía, que desde a Lanzada a Catoira, avisaban da chegada dos temidos “homes do norte” activábanse para que chegase antes a noticia a Santiago que os feroces piratas, para que lle dese tempo ó señor bispo, ás súas riquezas e ó seu séquito a resgardarse dos temidos inimigos.
Mil anos mais tarde esa presencia e sinal de festa e confraternidade. Catoira fixo de este feito unha identidade ligada as Torres de Oeste.
En todas as zonas estratéxicas, os bispos, mandaron construír torres ó longo da costa sur da ría. Ademais das de Catoira edificáronse tamén na Lanzada, en Cambados (San Sadurniño), entre Carril e Bamio (Salgueiral) e tamén na Illa de Arousa, no lugar da Torre, o carón da actual igrexa parroquial.
Estas torres non foron destruídas pola agresión que supuxo o paso do tempo. A maior parte delas desapareceron por as sucesivas levas de pedra para a construcción de moradas particulares ou templos. Só se salvaron aquelas que se atopaban en lugares de difícil acceso, como é o caso das Torres de Oeste.


O concello de Catoira, para unha maior honra da súa sonada e orixinal “Romaría Vikinga” encargoulle a construcción dunha réplica de un drakkar o noso paisano (da Ila de Arousa) e magnífico carpinteiro de ribeira, Manuel Mougán Diz.


Manuel Mougán Iglesias, fillo do patrón do ateleiro de Riasón, no momento de lanzar o terra un cabo. (Fotogrfía tomada do Faro de Vigo) Durante unha semana deste mes de maio, os medios de comunicación da nosa comunidade difundiron e valoraron moi positivamente o feito e o fermoso feitío da embarcación.

Na páxina web da embaixada de Dinamarca aparece un traballo loando o bo facer dos carpinteiros deste pequeno estaleiro.
O concello de Catoira, na súa magnífica e sempre actualizada páxina web, tamén fai unha abondosa referencia, que copiamos a continuación.



O embaixador de Dinamarca e o alcalde presiden a botadura do drakkar Frederikssund
22.05.2008
O acto espertou grande expectación tanto en Catoira como na Illa de Arousa. Todo o mundo coincidiu en destacar a grande beleza da nova embarcación.
Centenares de persoas presenciaron onte o acto de botadura e presentación do
barco viquingo "Frederikssund", que partiu dos estaleiros Mougán Díaz, na veciña localidade de Illa de Arousa, para chegar ás Torres de Oeste, en Catoira, ás sete da tarde. O acto estivo presidido polo alcalde de Catoira, Alberto García, o embaixador de Dinamarca en España, Niels Pultz e o chanceler da embaixada española en Dinamarca, Eduardo Morales, que realizaron o percorrido no barco pola ría acompañados de representantes da corporación municipal, o cónsul da embaixada danesa en España e un grupo de viquingos.
En 1993 construíuse en Catoira o drakkar Torres de Oeste, unha réplica do Skuldelev 5. Entón supuxo un importante estímulo para a Romaría Vikinga a incorporación desta embarción á flota que cada primeiro domingo de agosto participa na dramatización do "Desembarco Viquingo". Un elemento que contribuíu, sen dúbida, a que en 2002 a festa fose declarada de Interese Turístico Internacional.
Onte presentouse o novo barco que incrementará a escuadra viquinga: o "Frederikssund". O Goberno Municipal de Catoira e todos os veciños séntense moi orgullosos da longa amizade que os une con este municipio danés. Tras moitos anos de frutíferos contactos e intercambios culturais, que culminaron en 1997 coa sinatura da irmandade, considerouse que esta era unha magnífica oportunidade para renderlles unha pequena homenaxe bautizando esta nova embarcación co nome deste pobo irmán.

O drakkar Frederikssund é unha adaptación do Gokstad, un dos drakkar de
maiores dimensións atopados no fiordo de Roskilde (Dinamarca). Era unha embarcación do século XI que foi descuberta en 1880 e da que se fixeron numerosas réplicas. A primeira reprodución utilizouse para realizar unha travesía polo Atlántico dende Noruega ata a exposición universal de Chicago de 1893. En setembro de 2003 o alcalde de Catoira, Alberto García, viaxou ao país nórdico acompañado de Manuel Díaz, o carpinteiro catoirense que dirixiu a construción do Torres de Oeste dez anos antes, para coñecer as novas técnicas de construción de barcos viquingos e para conseguir os planos do Gokstad.
Ante as dificultades técnicas que supoñía o deseño orixinal do Gokstad, o Concello optou por adaptar a réplica ás esixencias establecidas pola actual normativa. O resultado é un barco viquingo con personalidade propia, de 20 metros de eslora, 2,9 de manga e un puntal de 1,25 m.
No pleno ordinario celebrado o 28 de abril de 2007 no Concello de Catoira acordábase por unanimidade adxudicar á empresa de Manuel Mougán Diz, da Illa de Arousa, a construción da nova embarcación viquinga cun presuposto de 89.610 euros.
O casco do barco construíuse en madeira, de acordo coas técnicas clásicasde carpintaría de ribeira. As tracas do forro solapáronse en tingladillo. A embarcación está amplamente reforzada con 20 cadernas. Para a estrutura utilizouse madeira de carballo maciza. O piso, forro dos costados e bancos están construídos en piñeiro do país. Para a tapa regala, o codaste e a roda empregouse madeira de teca.
A embarcación está propulsada por unha combinación de vela e remo. Dispón
dun total de 28 remos (14 por banda), como propulsión principal, e unha vela maior, de 7,8 por 7,5m, e sección rectangular como propulsión auxiliar. A vela ápoiase nun mastro de 9,8 m e leva rotulado o logotipo da Romaría Vikinga.
Un dos elementos máis característicos do Frederikssund é o mascarónde proa. A cabeza é unha réplica dunha talla atopada no interior do barco Oseberg. Esta embarcación do século IX achouse en Noruega en 1904. Foi utilizada como nave durante moitos anos antes de que rematase como tumba dunha importante muller viquinga.
As figuras de animais son motivos ornamentais habituais nas embarcaciónsviquingas. A popa do Frederikssund foi esculpida dunha forma similar á do barco Oseberg, en forma de espiral, rematando cunha cabeza de serpe. Para a decoración dos 30 escudos que equipan a nave utilizáronse diferentes motivos celtas.

Máis novas

Concello de Catoira - info@catoira.esConcello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217

jueves, 15 de mayo de 2008

A XERACION DE ESCORPIO73 ANDA NOS 50 ANOS

Chamaronse así porque a maioría pertencía a este signo zodiacal

Tiñan arredor de 15 anos, eran todos mozotes, que tiñan feito estudios primarios na Escola Pública Torre-Illa, que anque se chamaba así, non se encontraba no lugar da Torre, que se ubicaba no Tallo (Cabodeiro).

No ano 1973 acabaran os estudios de Primaria e tiñan necesidade de seguir relacionándose entre sí. A música era a afición que con maior forza os unía, pero tamén libros e xogos.

No verán de ese mesmo ano fundaron a Asociación cultural e deportiva Scorpio73.

En principio eran todos homes, anque máis tarde vanse a unir varias rapazas. Esta xeración
marcou o futuro social da Illa de Arousa.
Esta foi a primeira asociación predemocrática da Illa de Arousa e predecesora da "ASOCIACIÓN CULTURAL DORNA".

Esta xeneración vai ser protagonista dos importantes  movementos sociais producidos na Illa de Arousa nas décadas dos oitenta e do noventa, que mudaron substancialmente a Illa de Arousa e tiveron unha gran influencia en ambalas bandas da Ría

domingo, 20 de abril de 2008

MESTRE MATEO, PREMIO O MELLOR DOCUMENTAL PARA UN AROUSAN


A Academia Galega do Audiovisual acaba de conceder os premios MESTRE MATEO correspondentes ó ano 2.007. No apartado Premio ó mellor documental, recibiu o galardón a curtometraxe "Historia dunha Parroquia", dirixida por MARCOS NINE BUA

Marcos Nine Bua é un xoven arousán, nacido na Illa no ano 1977 , que con só trinta anos ten adquirido un recoñecido prestixio no campo audiovisual, como director e guionista de decumentais. Co "curto" "Historia dunha parroquia", acadou o premio ó mellor documental, galardonado co Mestre Mateo, que lle foi entregado o martes día 15 de abril.

  1. Marcos ten realizados varios traballos entre os que destacan:


  1. Guión, Dirección e Montaxe do documental “Historia dunha parroquia” para Bren Entertaiment. 2007
Guión do Spot “Comarcas de Muros e Noia” para Saga Tv. 2006
    Guión do Spot “Compostela capital de compras I e II” para Saga Tv. 2005-2006
      Dirección do videoclip “Xénese” do grupo Dios ke te Crew para I.B. Cinema. 2006
        Guión, Dirección e Montaxe do documental “Pensando en Soledad” para I.B. Cinema.2006
          Guión, Dirección e Montaxe da curtametraxe documental “Jedn” para I.B.Cinema.2006
            Guión da curtametraxe “Buenos Días”.de Dani de la Torre. 2006
              Guionista de Terra de Miranda para Voz Audiovisual. 2002-2005
                Guionista de “As leis de Celavella” para Voz Audiovisual. 2005
                  Edición de guión e Axudante de producción da curtametraxe “Mártires” para I.B. Cinema. 2004
                    Guión, Dirección e Montaxe do documental “Carcamáns” para I.B. Cinema. 2003
                      Guionista de Mareas Vivas para NTR.2001-2002
                        Axudante de producción da cutametraxe “O trasto” para Lorelei Producciones. 2001
                          Guión de “Así é Miranda II” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
                            Guión de “Así é Miranda” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
                            1. Guión de “Así se fixo Mareas Vivas 8” (Making of da serie Mareas Vivas) 2001
                            2. Axudante de produción da curtametraxe “Toda clase de pieles” para Zapata Pc . 2000
                              Desde este recuncho da illa sentímonos moi orgullosos dos seus éxitos, que temén consideramos que son algo nosos.
                                ¡Parabéns, Marcos! e a seguir recollendo galardóns, que os mereces.



                                Email: mailto:marcosnine@gmail.com

                                lunes, 17 de marzo de 2008

                                A AVOA BLOGUEIRA



                                "A mis 95 años" é o blog de María Amelia López, a avoa blogueira, que con máis de un millón de visitas convertiuse no blog máis visitado da internet.

                                María Amelia é natural de Muxía, a vila mariñeira da costa de Morte, que se fixo internacionalmente coñecida por mor do lamentabel afundimento do "Prestige".

                                Actualmente é veciña de Cambados, onde vive con un neto que foi quen lle ofreceu a páxina na que se aloxa o seu blog no día en que facía os 95 anos.

                                Unha doctora, coñecida e amiga, é a súa médica de cabeceira. Esta doctora foi a que me contou a anécdota que lle aconteceu no derradeiro nadal.

                                Por estas datas festeiras as consultas sempre están máis solicitadas que habitualmente, por iso a miña amiga doctora, cando veu a María Amelia entre as máis de dúas ducias de doentes que esperaban ser atendidos, sentiuse anguriada, pois, anque -en palabras da doctora- Amelia lle "caía ben" , ese non era o día para perder tempo coas sempre simpáticas conversas de Amelia.

                                Así que estaba decidida a non perder moito tempo con ela.

                                O fin chegoulle o turno a María Amelia que como sempre acudiu do brazo de unha xove acompañante negra.

                                O diálogo que segue correu en castelán:


                                -Buenos días, doctora.

                                -Buenos días Amelia, ¿que te trae por aquí?

                                -Los achaques de siempre.

                                -¿Nada nuevo?

                                -Es que acabo de cumplir los 96 y como ya hacía tiempo que no la visitaba...

                                -Es cierto que ya hace tiempo que no te veía por la consulta. Pero eso es bueno ¿no?

                                -Verá, doctora, es que últimamente he estado muy ocupada...

                                -¿Si?

                                -Sí, señora, es que soi bloguera y le dedico mucho tiempo y me olvido hasta de comer.


                                A doctora, de mediana idade, non sabía máis que o elemental de informática e moi pouco da internet; por iso descoñecía a existencia dos blogs personais. Así que confundiu o termo bloguera con bloquera (Militante do Bloque Nacionalista Galego).


                                -¡A tus años! Te dedicas a trabajar para el "Bloque".

                                -Para el blog.

                                -Ya. Es decir, que eres una militante activista del BNG.

                                -No, mujeriña, yo soy socialista y escribo en un blog en internet.

                                -¿...?

                                A doctora xa se informou e sabe o que é un blog e todos os que lemos ás súas páxinas tamen sabemos que María Amelia é socialista. Por iso non creo desvelar nengún segredo profesional.