lunes, 13 de octubre de 2008

RAMON FERRO SUBCAMPION MUNDIAL



O club de piragüismo Illa de Arousa leva vintecinco anos preparando a mocidade da Illa e mesmo da comarca nas diversas modalidades de probas deportivas en canoas ou piraguas.

Esta experiencia ten un gran significado na vida da xuventude arousán, pois houbo momentos nos que participaron máis de un cento de xoves (de crianzas a mozos) e conseguiron por o nome da Arousa no máis alto nivel dentro deste deporte, conseguindo campionatos nacionais, europeos e tamén mundiais.

Esta relevancia débese sobre todo o esforzo dos nosos deportistas, máis non debemos esquecer aos pais, que nos momentos máis difíciles ofrecíanse a levar os seus fillos no coche a calquera lugar onde se celebrasen competicións. Véñenme a cabeza os nomes de varios destes pais, mais non vou nomear a ninguén, por se me esquezo de alguén. Só quero lembrarme de Arturo Paz que leva toda a súa vida traballando co fin de consolidar este equipo.

[ferr.jpg]

Hoxe os meus parabéns son para Ramón Ferro, que por terceiro ano consecutivo sóbese a un podio internacional na súa especialidade C2 con Óscar Graña de parceiro.

Ramón, todos os arousáns nos alegramos dos teus éxitos, e fasnos sentir o orgullo de selo.