O meu nome é Sito, estou xubilado, moro na Illa de Arousa (Galicia-España). Máis que aficcións teño nostalxias e asignaturas sen aprobar. Nesta páxina pretendo reflectir o presente desde a saudade do pasado.
martes, 23 de febrero de 2010
PINTAN BASTOS
lunes, 22 de febrero de 2010
RAMÓN NIETO OTERO, PREMIO POESÍA PÉREZ PARALLÉ
.
O sábado de Piñata, no xa tradicional desfile de carrozas, vin ós pais de Ramón carecterizados de gheisas con moita gracia. Entonces lembreime que tiña unha páxina felicitándoo polo Premio Nacional de Poesía que lle foi outorgado o pasado outono e que por non dispoñer de unha fotografía que pensaba pedirlle á nai, non tiña subido a páxina á rede.
Ramón Nieto Otero gaña a XXII edición do Premio
Onte pola noite reuniuse o xurado da XXII edición do Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé e resolveu outorgar o galardón deste ano ao libro titulado A estación única dunha illa, presentado baixo o pseudónimo “Glas-Ao”.
Aberta a plica, resultou ser da autoría de Ramón Nieto Otero, escritor nado na na Illa de Arousa en 1975.
Licenciado en filoloxía inglesa, fixo o último ano da carreira cunha beca Erasmus na Universidade Libre de Bruxelas e, dende aquela, reside na capital belga dedicado ao ensino da lingua inglesa.
Ten estudos de música clásica e jazz e é un afeizoado á cultura mariñeira, practicando no mar de arousa a navegación en dorna.
Malia a distancia que o separa da terra, o autor prometeu facer todo o posíbel por estar presente na entrega do premio que terá lugar o próximo sábado 21 de novembro na sede do Círculo Mercantil e Industrial-Unidade de Fene.
O xurado, integrado polo poeta e artista plástico Baldo Ramos, Carmen Bar, exdirectora da biblioteca de Narón e Susana Sánchez Aríns, gañadora da XXI edición do premio, mencionou especialmente a alta calidade xeral das obras presentadas, destacando particularmenta as tituladas O xardín de inverno e outras augas e Noites na casa do pai.