martes, 20 de mayo de 2008

UN DRAKKAR NA TERRA DOS CARCAMANS




Hai uns mil anos a presencia de un drakkar nas augas da ría de Arousa desataba un pánico xeral. As Torres Vixía, que desde a Lanzada a Catoira, avisaban da chegada dos temidos “homes do norte” activábanse para que chegase antes a noticia a Santiago que os feroces piratas, para que lle dese tempo ó señor bispo, ás súas riquezas e ó seu séquito a resgardarse dos temidos inimigos.
Mil anos mais tarde esa presencia e sinal de festa e confraternidade. Catoira fixo de este feito unha identidade ligada as Torres de Oeste.
En todas as zonas estratéxicas, os bispos, mandaron construír torres ó longo da costa sur da ría. Ademais das de Catoira edificáronse tamén na Lanzada, en Cambados (San Sadurniño), entre Carril e Bamio (Salgueiral) e tamén na Illa de Arousa, no lugar da Torre, o carón da actual igrexa parroquial.
Estas torres non foron destruídas pola agresión que supuxo o paso do tempo. A maior parte delas desapareceron por as sucesivas levas de pedra para a construcción de moradas particulares ou templos. Só se salvaron aquelas que se atopaban en lugares de difícil acceso, como é o caso das Torres de Oeste.


O concello de Catoira, para unha maior honra da súa sonada e orixinal “Romaría Vikinga” encargoulle a construcción dunha réplica de un drakkar o noso paisano (da Ila de Arousa) e magnífico carpinteiro de ribeira, Manuel Mougán Diz.


Manuel Mougán Iglesias, fillo do patrón do ateleiro de Riasón, no momento de lanzar o terra un cabo. (Fotogrfía tomada do Faro de Vigo) Durante unha semana deste mes de maio, os medios de comunicación da nosa comunidade difundiron e valoraron moi positivamente o feito e o fermoso feitío da embarcación.

Na páxina web da embaixada de Dinamarca aparece un traballo loando o bo facer dos carpinteiros deste pequeno estaleiro.
O concello de Catoira, na súa magnífica e sempre actualizada páxina web, tamén fai unha abondosa referencia, que copiamos a continuación.



O embaixador de Dinamarca e o alcalde presiden a botadura do drakkar Frederikssund
22.05.2008
O acto espertou grande expectación tanto en Catoira como na Illa de Arousa. Todo o mundo coincidiu en destacar a grande beleza da nova embarcación.
Centenares de persoas presenciaron onte o acto de botadura e presentación do
barco viquingo "Frederikssund", que partiu dos estaleiros Mougán Díaz, na veciña localidade de Illa de Arousa, para chegar ás Torres de Oeste, en Catoira, ás sete da tarde. O acto estivo presidido polo alcalde de Catoira, Alberto García, o embaixador de Dinamarca en España, Niels Pultz e o chanceler da embaixada española en Dinamarca, Eduardo Morales, que realizaron o percorrido no barco pola ría acompañados de representantes da corporación municipal, o cónsul da embaixada danesa en España e un grupo de viquingos.
En 1993 construíuse en Catoira o drakkar Torres de Oeste, unha réplica do Skuldelev 5. Entón supuxo un importante estímulo para a Romaría Vikinga a incorporación desta embarción á flota que cada primeiro domingo de agosto participa na dramatización do "Desembarco Viquingo". Un elemento que contribuíu, sen dúbida, a que en 2002 a festa fose declarada de Interese Turístico Internacional.
Onte presentouse o novo barco que incrementará a escuadra viquinga: o "Frederikssund". O Goberno Municipal de Catoira e todos os veciños séntense moi orgullosos da longa amizade que os une con este municipio danés. Tras moitos anos de frutíferos contactos e intercambios culturais, que culminaron en 1997 coa sinatura da irmandade, considerouse que esta era unha magnífica oportunidade para renderlles unha pequena homenaxe bautizando esta nova embarcación co nome deste pobo irmán.

O drakkar Frederikssund é unha adaptación do Gokstad, un dos drakkar de
maiores dimensións atopados no fiordo de Roskilde (Dinamarca). Era unha embarcación do século XI que foi descuberta en 1880 e da que se fixeron numerosas réplicas. A primeira reprodución utilizouse para realizar unha travesía polo Atlántico dende Noruega ata a exposición universal de Chicago de 1893. En setembro de 2003 o alcalde de Catoira, Alberto García, viaxou ao país nórdico acompañado de Manuel Díaz, o carpinteiro catoirense que dirixiu a construción do Torres de Oeste dez anos antes, para coñecer as novas técnicas de construción de barcos viquingos e para conseguir os planos do Gokstad.
Ante as dificultades técnicas que supoñía o deseño orixinal do Gokstad, o Concello optou por adaptar a réplica ás esixencias establecidas pola actual normativa. O resultado é un barco viquingo con personalidade propia, de 20 metros de eslora, 2,9 de manga e un puntal de 1,25 m.
No pleno ordinario celebrado o 28 de abril de 2007 no Concello de Catoira acordábase por unanimidade adxudicar á empresa de Manuel Mougán Diz, da Illa de Arousa, a construción da nova embarcación viquinga cun presuposto de 89.610 euros.
O casco do barco construíuse en madeira, de acordo coas técnicas clásicasde carpintaría de ribeira. As tracas do forro solapáronse en tingladillo. A embarcación está amplamente reforzada con 20 cadernas. Para a estrutura utilizouse madeira de carballo maciza. O piso, forro dos costados e bancos están construídos en piñeiro do país. Para a tapa regala, o codaste e a roda empregouse madeira de teca.
A embarcación está propulsada por unha combinación de vela e remo. Dispón
dun total de 28 remos (14 por banda), como propulsión principal, e unha vela maior, de 7,8 por 7,5m, e sección rectangular como propulsión auxiliar. A vela ápoiase nun mastro de 9,8 m e leva rotulado o logotipo da Romaría Vikinga.
Un dos elementos máis característicos do Frederikssund é o mascarónde proa. A cabeza é unha réplica dunha talla atopada no interior do barco Oseberg. Esta embarcación do século IX achouse en Noruega en 1904. Foi utilizada como nave durante moitos anos antes de que rematase como tumba dunha importante muller viquinga.
As figuras de animais son motivos ornamentais habituais nas embarcaciónsviquingas. A popa do Frederikssund foi esculpida dunha forma similar á do barco Oseberg, en forma de espiral, rematando cunha cabeza de serpe. Para a decoración dos 30 escudos que equipan a nave utilizáronse diferentes motivos celtas.

Máis novas

Concello de Catoira - info@catoira.esConcello, 6 - 36612 - Catoira (Pontevedra)Tel.: 986 546 014 - Fax: 986 546 217