jueves, 15 de julio de 2010

BENVIDOS

Daquela, eu xa lles dixen,que debaixo da ponte do barco de pedra que Manolo Gallego fixo, para que fose a casa de todos os arousáns, non era un bo sitio para mariscar, pois significaban unha ameaza estética para a navegación e un perigo para a súa fráxil presencia.
O propio Manolo Gallego asinou o seu exilio enviándoos a emigración ou o ostracismo.
Por iso agora alégrome de velos de volta co seu remo e o seu sachiño na nova rotonda das Laxes.
Malia estou preocupado, pois costa ollalos,tan tapados polos troeles dos sinais e tan expostos a ser atropelados por algún tolo, (que os hai)que decida saltar co seu vehículo as prohibicións que os ocultan.

Por cuestións de seguridade,se gustases do lugar, aconsellaríavos que faledes coas autoridades para que vos poñan enriba de un bo con para que non vos atropelen e poidades ver o mar.

¡Benvidos!