martes, 4 de noviembre de 2008

A GALESCOLA


A finais de outubro comenzaron as actividades na Galescola da Illa de Arousa. Penso que tanto a iniciativa como as prestacións que ofrece merecen un comentario:

Como é sabido estas escolas-gardería están pensadas para acoller crianzas de tres meses a tres anos, o que facilita a reincorporación dos pais (particularmente das nais) o seu traballo habitual.

Estas escolas están dotadas dos mais modernos sistemas de protección con aparatos de xogo axeitados para cada idade, con un chan sintéctico mol para evitar feridas nas frecuentes caídas
dos nenos e con profesionais preparados.

O Consorcio Galego de Igualdade e Benestar di que:
As Galescolas son os centros educativos da Rede Galega de Escolas Infantis de 0 a 3 anos xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.Trátase dun servizo público de atención á infancia con idades comprendidas entre os 3 meses e os 3 anos, educativo asistencial, que busca adaptarse ao concepto de familia do século XXI e permitir a conciliación da vida laboral e persoal da cidadanía galega ao tempo que facilita a súa inserción no mercado laboral.As galescolas son un proxecto de calidade que potencia a educación en galego, na tolerancia e no respecto, superando o concepto de garda e custodia, consciente da necesidade de transmitir valores e habilidades sociais que tradicionalmente se inculcaban no ámbito familiar, onde case sempre as mulleres eran as encargadas da tarefa.
A Galescola de A Illa de Arousa está acollida dentro do recinto escolar do Tallo (Cabodeiro) e foi proxectada pola Arquitecta Municipal, que combinando novos materiais con materiais tradicionais soubo dar unha resposta axeitada o reto de compaxinar funcionalidade e estética dentro do marco de unha proposta orixinal.