miércoles, 19 de agosto de 2009

GALIÑAS AZUIS



Teño un neto de dous anos que durante este curso asistiu a unha Galescola. Estaba todo preocupado, pois ó decir de algúns colectivos e tamén do Patido Popular corría o risco de que lle comeran o "coco".
Era unha ameaza seria. Os nenos a esas idades son coma as esponxas: chúpano todo. Son papeis en branco no que os educadores escreben con letra indeleble.

Observen como lle comen o "tarro" as crianzas.
Mateo, que así se chama o meu neto, recibiu a nefasta influencia da ideoloxía impartida na Galescola da Illa de Arousa. Espero que agora coa desideoloxizada "Galiñescola" o meu neto deixe de dicir "tasa" e aprenda a dicir casa. Así é como debe nomearse ó lugar onde se vive.
Agradezo ó novo goberno da Xunta que se tome a molestia, neste caluroso mes de agosto, de pintar as galiñas de azul. Agora só falta que poña os ovos tamén azuis. Todos sabemos que o azul é unha cor que non ten ideoloxía.