Mostrando entradas con la etiqueta ACTUALIDADE POLITICA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACTUALIDADE POLITICA. Mostrar todas las entradas

sábado, 11 de junio de 2011

TRAIDOR!

Quen é un traidor?.
Traidor é aquela persoa que vende ós seus, ós seus principios, ou conculca as súas propias ideas (traidor a si mesmo).

Falando de política:
Quen son os seus?
Son os seus compañeiros de partido, son os seus votantes manifestos (non os anónimos).
Cales son os seus principios, as súas ideas?
Son as do seu ideario político, é dicir, as do seu partido, polas que se presenta e defende.
Se alguén na Arousa votou o B.N.G., coa idea de mudar un alcalde socialista por un popular, foi porque quixo enganarse a si mesmo, pois tiña a posibilidade de votar directamente ó candidato do P.P. Si se dese ese improbable caso, non ten dereito a chamarlle traidor a ninguén. En todo caso debe facer un acto de contrición (se é de dereitas) ou de autocrítica (se é de esquerdas) e empezar por chamarse a si mesmo inocente, parvo ou idiota, axeitando o adxectivo ó grao de rabia que o corroia.

Sería un traidor ás súas ideas e os seus votantes se permitise que un partido conservador (por moderado que pareza ser o candidato) gobernase o seu pobo, que na súa maioría votou progresista.
Inda que rexeitaría igualmente a quen llo chamase.

REPÍTESE O CONTO: Carapuchiña Vermella, salvada polo leñador.


Hai contos vellos, que nunca morren e está ben de cando en vez , recordalos.
Carapuchiña Vermella era e segue sendo, pois as personaxes dos contos non medran, unha meniña inocente, crédula e obediente, que facía con ilusión e cariño os recados que lle encomendaba súa nai.
A súa aboa é unha muller rara que dorme con cofia e mora soia no medio e medio de un perigoso bosque.
Alá se dirixía, unha vez máis, Carapuchiña Vermella cantando, collendo flores ou perseguindo bolboretas da abraiante foresta; no brazo un cestiño con un ramo de rosquillas de Santa Rita que lle encargou súa nai levar á aboa.
Súa nai é unha boa muller, pero tamén inocente e insensata. Nunca vai aprender que no bosque acóchanse moitos riscos para os nenos.
O maior dos perigos represéntao o lobo.
O lobo é o lobo, o malo de todos os contos. O seu instinto natural lévao a matar e devorar.
O leñador é un home do lugar, que coñece o medio no que traballa. Cando o lobo ataca, sabe que ten que salvar a meniña, aínda que teña que matar ó lobo.

Xa van tres veces nas que o leñador salva a Carapuchiña Vermella.

Sabendo que a nai é unha boa muller e el é un home traballador e sensato, ven podían compartir o mesmo teito e así Carapuchiña cando tivese que ir a casa da aboa non correría riscos no bosque, pois o leñador, protexeríaa do “malvado lobo”.

miércoles, 3 de marzo de 2010

UN ANO DEVALANDO





Unha canción mexicana comenza con esta estrofa:

HACE UN AÑO QUE YO TUVE UNA ILUSION
HACE UN AÑO QUE SE CUMPLE EN ESTE DIA
TU RECUERDAS QUE EN TUS BRAZOS ME DORMIA
QUE YO INOCENTE Y MUY CONFIADO TE ENTREGUE MI CORAZON

ESE TIEMPO TAN FELIZ NO VOLVERA.

Os datos que aparecen no gráfico foron editados
 por un xornal, que axudou á conquista do poder
 ó Sr. Núñez Feijoo,
 poñéndolle altavoces ás manipulacións e mentiras
 deseñadas polos asesores de campaña.
 Todos os marcadores socioeconómicos en negativo,
 un 13 % máis de desemprego. Unha guerra contra
 a nosa lingua, que por imperativo constitucional
 ten o deber de defender. E unha folla de viña
 para tapar as vergoñas: "A fusión das caixas".

¡E nas enquisas sobe...!

Hai paisanos que se empeñan en que Rosa Diez
 teña peiorativamente razón.


miércoles, 19 de agosto de 2009

GALIÑAS AZUIS



Teño un neto de dous anos que durante este curso asistiu a unha Galescola. Estaba todo preocupado, pois ó decir de algúns colectivos e tamén do Patido Popular corría o risco de que lle comeran o "coco".
Era unha ameaza seria. Os nenos a esas idades son coma as esponxas: chúpano todo. Son papeis en branco no que os educadores escreben con letra indeleble.

Observen como lle comen o "tarro" as crianzas.
Mateo, que así se chama o meu neto, recibiu a nefasta influencia da ideoloxía impartida na Galescola da Illa de Arousa. Espero que agora coa desideoloxizada "Galiñescola" o meu neto deixe de dicir "tasa" e aprenda a dicir casa. Así é como debe nomearse ó lugar onde se vive.
Agradezo ó novo goberno da Xunta que se tome a molestia, neste caluroso mes de agosto, de pintar as galiñas de azul. Agora só falta que poña os ovos tamén azuis. Todos sabemos que o azul é unha cor que non ten ideoloxía.