Barco bateeiro apastando na follaxe da ribeira encima de dúas chalanas
Cando a galerna entrou en terra deitou arbores, arrincou tellados, derribou muros...
Unha traxedia que por fortuna non ocasionou máis que danos materiais, que sendo graves non son irreparábeis.
Os homes do tempo non deron por ela. Pero xa deberían saber que cando as isóbaras se acurrunchan o vento ponse ciumento e non hai quen o deteña.