Que lle estará explicando Modesto a Santiago Carrillo?
Apagado o rebumbio mediático.
A desaparición de
Santiago Carrillo fixo correr ríos de tinta.
Durante este último mes
amigos, inimigos e críticos rivalizaron en pintarnos da cor que lle
conviña a este personaxe que deambulou comprometido polo último
século da historia de España.
Non serei eu quen faga
unha nova valoración.
Teño a miña opinión
baseada na miña relación con este personaxe e a través de
coñecidos comúns (amigos e inimigos), que é a que importa.
Desde o maior dos
respectos a súa memoria fágome esta pregunta:
De que estarían tratando
no acalorado debate que se traían na praza do Regueiro da Arousa, en presencia
do histórico Santiago Álvarez, Santiago Carrillo e Modesto ó
da Mexona, en
aquel inverno de 1980