"A mis 95 años" é o blog de María Amelia López, a avoa blogueira, que con máis de un millón de visitas convertiuse no blog máis visitado da internet.
María Amelia é natural de Muxía, a vila mariñeira da costa de Morte, que se fixo internacionalmente coñecida por mor do lamentabel afundimento do "Prestige".
Actualmente é veciña de Cambados, onde vive con un neto que foi quen lle ofreceu a páxina na que se aloxa o seu blog no día en que facía os 95 anos.
Unha doctora, coñecida e amiga, é a súa médica de cabeceira. Esta doctora foi a que me contou a anécdota que lle aconteceu no derradeiro nadal.
Por estas datas festeiras as consultas sempre están máis solicitadas que habitualmente, por iso a miña amiga doctora, cando veu a María Amelia entre as máis de dúas ducias de doentes que esperaban ser atendidos, sentiuse anguriada, pois, anque -en palabras da doctora- Amelia lle "caía ben" , ese non era o día para perder tempo coas sempre simpáticas conversas de Amelia.
Así que estaba decidida a non perder moito tempo con ela.
O fin chegoulle o turno a María Amelia que como sempre acudiu do brazo de unha xove acompañante negra.
O diálogo que segue correu en castelán:
-Buenos días, doctora.
-Buenos días Amelia, ¿que te trae por aquí?
-Los achaques de siempre.
-¿Nada nuevo?
-Es que acabo de cumplir los 96 y como ya hacía tiempo que no la visitaba...
-Es cierto que ya hace tiempo que no te veía por la consulta. Pero eso es bueno ¿no?
-Verá, doctora, es que últimamente he estado muy ocupada...
-¿Si?
-Sí, señora, es que soi bloguera y le dedico mucho tiempo y me olvido hasta de comer.
A doctora, de mediana idade, non sabía máis que o elemental de informática e moi pouco da internet; por iso descoñecía a existencia dos blogs personais. Así que confundiu o termo bloguera con bloquera (Militante do Bloque Nacionalista Galego).
-¡A tus años! Te dedicas a trabajar para el "Bloque".
-Para el blog.
-Ya. Es decir, que eres una militante activista del BNG.
-No, mujeriña, yo soy socialista y escribo en un blog en internet.
-¿...?
A doctora xa se informou e sabe o que é un blog e todos os que lemos ás súas páxinas tamen sabemos que María Amelia é socialista. Por iso non creo desvelar nengún segredo profesional.