Carnaval da Illa de Arousa, desfile de carrozas
Dos catro paos da baralla o que ten máis connotacións negativas é o basto.
De todas as cartas da baralla, a Sota de bastos é única.
Hai cartas que teñen un seudónimo ou un alcume: O velo (7 de ouros), a raposa (4 de ouros), o copón ou o pucheiro (as de copas), o bechoco (as de bastos), a tesoira (as de espadas), a lúa ( as de ouros).
A sota de bastos, tamén coñecida como a puta de bastos, úsase para aliviarse (Mecago na sota de bastos) e tamén para insultar (É mais puta que a sota se bastos). Non é unha carta máis. Anque sexa tan veleidosa coma as demais.
Esta fotografía foi tirada o sábado de piñata.
Ese mesmo día publicaba o Voz de Galicia (nas páxinas locais) un escrito do portavoz municipal do partido popular, no que lle esixían ó goberno municipal que defendese á Arousa dos ataques da nova Lei de Proteccion do litoral (POL) que pretende aprobar o goberno galego (é dicir, o partido popular).
Na Illa de Arousa cometéronse algunhas tropelías urbanísticas. Mais non é nada irreversíbel. Para manter o estatus actual e deseñar un futuro económico sostible baseado na pesca (en todas as súas variantes) e o turismo, e necesario trabar a especulación inmobiliaria.
Hai particulares e grupos organizados que premen na defensa dos seus intereses urbanísticos. Desde unha perspectiva absolutamente subxectiva teñen todo o seu dereito a defender e tratar de rentabilizar os investimentos realizados ou as propiedades herdadas.
O Concello é os cidadáns desinteresados da Arousa, temos a obriga de defender o patrimonio natural, que é a maior riqueza que a Natureza nos outorgou, e entregarlle a testemuña as seguintes xeracións.
Eu pediríalle ó Goberno Local que defenda a singularidade da nosa illa sen deixarse premer por
pretendidos agravios ou por unha dubidosa mingua de apoios electorais.
Na anterior lexislatura ó Alcalde tratárono, desde a oposición, como a sota de bastos.
Agora os que teñen na manga o bechoco (as de bastos), pídenlle que "arrastre".
Eu convidaríaos a botar unha de "tute" encerrados no Concello, que xa teñen experiencia, e coas cartas biradas ensaiar as xogadas.
Como a partida vai durar varios días sería ben que o Alcalde pagase os bocatas e o viño; brindando todos pola honra da Sota de bastos
5 comentarios:
¿Pero moito chove este inverno comparado co pasado?
Olá,Na Arousa. Pasóuseme o teu comentario,así que che respondo agora: máis que chover semella que mexan por un.
Pensei que non se entendera...
Publicar un comentario