viernes, 10 de julio de 2009

"FINEZZA"


Os Italianos teñen unha palabra dificil de traducir, "finezza", que ten que ver con sutileza, aguda intelixencia, crítica con elegancia...

Esta é, o meu xuizo, o calificativo que se merece a pancarta que figura no lugar do que foi a fonte do Charco.

Sei que hai motivos tantos para a crítica, como para a xustificación.

Unha fonte no medio da praza como peden os veciños, para a súa utilización é invíable: é un perigo para o tránsito e non ten obxecto habendo traída de auga pública.

Unha fonte decorativa en memoria do antigo pozo do Charco, pode ser unha boa suxerencia que satisfaza a todos.

8 comentarios:

aarousa dijo...

Buenos días, os presento nuestro blog

El objetivo principal de este blog es ir a vivir a la Isla de Arosa.

Buscando Casa en la Isla de Arosa
http://aarousa.blogspot.com

Somos una pequeña familia que buscamos una casa en la Isla para alquilar por un mínimo de 5 años, aunque no descartamos la compra.

Para ayudarnos en la búsqueda hemos creado este blog, agrupando toda la oferta que encontramos en Internet, y así conseguir los contactos necesarios para obtener nuestro fin.

Si tienes alguna oferta estamos en aarousa@gmail.com

Na Arousa dijo...

Acórdaste Sito, cando si mal non me lembro, nas segundas eleccións municipais, as primeiras nas que te presentas co psoé, na campaña electoral publicitábase co rótulo creo recordar "adecentamento de antiguos quinteiros", a desfeita que fixéstedes co Rio do Charco. Pódesevos aplicar a atenuante de que naquel momento fixéstedes unha pequena alameda. Tempo despois tirouse o muro da alameda para que lle entrase o coche a un veciño no garaxe, e finalmente, desapareceu a alameda que hoxe é aparcadoiro de coches e de contedores do lixo. Agora si que é un quinteiro. O que mal empeza mal acaba. A fonte, si tiña que desaparecer por mor do tráfico, que xa ten asunto que tí agora priorices o tráfico, teriano que explicar, e non aprobeitar que un coche ou camión a tirase abaixo para non arreglala e así alá van xa dous anos. Penso que é un erro non manter a fonte. Esa zona, fábrica, alameda e fonte do Charco teñen que ser recuperadas na medida do posible como espazos públicos, xa que o centro carece deles. Si ademáis engadimos que os veciños queren a fonte, algo público, o que escasea nestes tempos, non se entende a negativa do Concello, as explicacións son moi pobres, dan que pensar. Mostra ademáis unha total falla de convicción, non se pode estar dous anos cun burato no Charco. Si estás convencido de que vai ser unha mellora faino. Ás veces, os veciños opoñemonos a cousas que unha vez feitas aplaudimos. O que non se pode é deixar o burato dous anos. Non é propio dun goberno que se di progresista.

sito vazquez dijo...

Para aarousa:
Benvido o clube de navegantes arousán. Visitei a túa páxina e percateime da ironía. No suposto de que estedes interesado realmente envíademe un correo.

Para Na Arousa:
Eu defendo a memoria histórica, pois non hai historia sin memoria.Mais non me considero responsable de que o dilema da praza do Charco leve dous anos sin resolver.
E por se non o sabías a miña proposta era converter todo o casco vello da Arousa en peonal, con un gran aparcamento na entrada e un máis pequeno en cada rueiro histórico.Non encontrei financiación nin comprensión.
Non defendo o tránsito, pero a situación é a que é. Á día de hoxe non hai maneira de prescindir de esa solución.
Tamén quero lembrarche que o Charco débelle o nome a poza que se formaba no inverno,que non permitía o paso do Regueiro a Pedraserrada e no verán se convertía nun enxamio de mocas é mosquitos.

aarousa dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
aarousa dijo...

Hola, es cierto que estamos interesados. No entiendo lo de la ironia. Puedes mandarme tu email que no sabemos cual es a este email?. Muchas gracias

Na Arousa dijo...

Eu non che responsabilizo do estado da fonte do charco. Só faltaría. Non chega aí o meu cinismo. As solucións son múltiples, dende unha total peonalización, pasando por unha humanización ata chegar á situación actual onde todo o espazo é para o tráfico rodado. Ningunha das solucións é pacífica. Pero hai que decidir e gobernar. Qué che parecería por exemplo facer aparcadoiro todo o frente do Benalua e recuperar a alameda do charco como espazo público?. No Regueiro hai unha gran alameda e pouco aparcamento e no charco non hai alameda. Tamén é desconcertante que ti asumas a realidade dos feitos coma algo inmutable cando sempre fostes unha persoa que traballou por mudar a realidade. Hai que recuperar espazos no centro para que a xente poida camiñar. Despois de 25 anos de ponte carecemos de beirarúas na maioría do casco. Lamentable. Fixéstedes vós daquela máis beirarúas, toda a Avenida da Ponte que o que se fixo dalí en diante. Si eso é progresismo e esquerda, apaga e vámonos. Está moito máis humanizado o casco de Vilanova ou o de Cambados que o da Arousa, cando aquí gobernou sempre o psoé. Así nos vai.

sito vazquez dijo...

Para na Arousa:
Son un militante socialista, mais sempre sentado na marxe da esquerda. Son partidario da crítica constructiva.Malia o dito non debera nin como socialista, nin como "ex" censurar públicamente a xestión dos meus compañeiros. O mesmo que eu teño cometido moitos erros (os erros cométense cando se fan cousas) é posible que os actuais responsables non teñan esa sensibilidade que ti demandas, máis en outros eidos demostran ser un goberno de esquerdas.
En canto as comparacións que me fas con outros Concellos,has de disculpar que non comparta as túas apreciacións.

aarousa dijo...

Eu polo que coñezo á xente da arousa, é xente loitadora, moi loitadora.

Para min as xentes das catro puntas (fisterra, ribeira, illa e o grove) son moi moi parecidas. Parécese moito más os da Illa á xente de Fisterra que á xente de Cambados.

¿Que vos parece?