MESTRE MATEO, PREMIO O MELLOR DOCUMENTAL PARA UN AROUSAN
A Academia Galega do Audiovisual acaba de conceder os premios MESTRE MATEO correspondentes ó ano 2.007. No apartado Premio ó mellor documental, recibiu o galardón a curtometraxe "Historia dunha Parroquia", dirixida por MARCOS NINE BUA
Marcos Nine Bua é un xoven arousán, nacido na Illa no ano 1977 , que con só trinta anos ten adquirido un recoñecido prestixio no campo audiovisual, como director e guionista de decumentais. Co "curto" "Historia dunha parroquia", acadou o premio ó mellor documental, galardonado co Mestre Mateo, que lle foi entregado o martes día 15 de abril.
- Marcos ten realizados varios traballos entre os que destacan:
Guión, Dirección e Montaxe do documental “Historia dunha parroquia” para Bren Entertaiment. 2007
Guión do Spot “Comarcas de Muros e Noia” para Saga Tv. 2006
Guión do Spot “Compostela capital de compras I e II” para Saga Tv. 2005-2006
Dirección do videoclip “Xénese” do grupo Dios ke te Crew para I.B. Cinema. 2006
Guión, Dirección e Montaxe do documental “Pensando en Soledad” para I.B. Cinema.2006
Guión, Dirección e Montaxe da curtametraxe documental “Jedn” para I.B.Cinema.2006
Guión da curtametraxe “Buenos Días”.de Dani de la Torre. 2006
Guionista de Terra de Miranda para Voz Audiovisual. 2002-2005
Guionista de “As leis de Celavella” para Voz Audiovisual. 2005
Edición de guión e Axudante de producción da curtametraxe “Mártires” para I.B. Cinema. 2004
Guión, Dirección e Montaxe do documental “Carcamáns” para I.B. Cinema. 2003
Guionista de Mareas Vivas para NTR.2001-2002
Axudante de producción da cutametraxe “O trasto” para Lorelei Producciones. 2001
Guión de “Así é Miranda II” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
Guión de “Así é Miranda” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
- Guión de “Así se fixo Mareas Vivas 8” (Making of da serie Mareas Vivas) 2001
- Axudante de produción da curtametraxe “Toda clase de pieles” para Zapata Pc . 2000
Desde este recuncho da illa sentímonos moi orgullosos dos seus éxitos, que temén consideramos que son algo nosos.
¡Parabéns, Marcos! e a seguir recollendo galardóns, que os mereces.
Email:
mailto:marcosnine@gmail.com
2 comentarios:
Ui, a verdade é que estou algo abrumado ante tanta felicitación.
A ver si acabo dunha vez co que estou facendo agora e miro de organizar unha proxección de "Historia..." na Arousa porque ó final a pena é que cos documentais sempre hai moi poucas oportunidades de poder velos.
Saudos e gracias por todo.
Pd: Xa me pasarei por aquí que agora xa che teño o blog localizado ;)
Ese e o meu primo! felicitacions dende a Vila e Corte.
Publicar un comentario