Chamaronse así porque a maioría pertencía a este signo zodiacal
Tiñan arredor de 15 anos, eran todos mozotes, que tiñan feito estudios primarios na Escola Pública Torre-Illa, que anque se chamaba así, non se encontraba no lugar da Torre, que se ubicaba no Tallo (Cabodeiro).
No ano 1973 acabaran os estudios de Primaria e tiñan necesidade de seguir relacionándose entre sí. A música era a afición que con maior forza os unía, pero tamén libros e xogos.
No verán de ese mesmo ano fundaron a Asociación cultural e deportiva Scorpio73.
En principio eran todos homes, anque máis tarde vanse a unir varias rapazas. Esta xeración
marcou o futuro social da Illa de Arousa.
Esta foi a primeira asociación predemocrática da Illa de Arousa e predecesora da "ASOCIACIÓN CULTURAL DORNA".
Esta xeneración vai ser protagonista dos importantes movementos sociais producidos na Illa de Arousa nas décadas dos oitenta e do noventa, que mudaron substancialmente a Illa de Arousa e tiveron unha gran influencia en ambalas bandas da Ría
No hay comentarios:
Publicar un comentario