No mes de maio os potes de barro florecían na solaina da casa dos meus bisavós.
Eran xeranios vermellos, que se esparramaban ata pousarse na varanda de madeira de tea.
A miña bisavoa sentada nunha vella cadeira de asas colocada de maneira axeitada para que lle batese o sol nas pernas e a sombra na cabeza, despois da cabezadiña da sobremesa, contábame contos de santos e de bandidos.
En varias ocasións contoume o conto de San Perico:
San Perico era un apóstolo. Máis non só…Era o elixido por Xesús para ser a cabeza da igrexa. Malia a cabeza de san Perico non tiña cabelo. Deus para compensar deulle unha fermosa barba - xustificaba miña bisavoa - e as moscas tampouco respectaban tan transcendental testa.
Cando un día unha ousada mosca aterrou na lustrosa coroa e lle enterrou o ferrón, san Perico, que era de pronto súpeto, votou man dos seus superpoderes e matounas todas.
Anque nunca gustei das moscas, a aquel meniño que escoitaba embebido aquelas historias parecíalle inxusto, que san Pedro, por unha mosca matase todas.
Un ousado e valente anónimo, que se agacha debaixo do seudónimo de Pepito, e que dí ter sido meu alumno, no blog http://arousadebate.blogspot.com/insúltame e descualifícame como docente e como persoa. É o seu parecer e non pretendo emendalo. ( Non vou retirar o escrito, quen queira lelo: está nos comentarios ós resultados das eleccións do 1 M, baixo o pseudónimo de Pepito). Só me permitirei a pequena vanagloria de non ter tido nos meus longos anos de profesión un só problema.
O que non comprendo ós meus anos, como non comprendía de neno no conto, é que lle fixeron os outros catro Mestres que nomea literalmente (cinco si contamos outro que cita noutro blog) . E todos os demais Mestres que pasaron polas aulas da Illa de Arousa, os que cualifica, sen excepción, de "tropa bolivariana".
Desde a miña maneira de ver, sempre subxectiva, mais honrada, quero manifestar o meu orgullo por formar parte de un colectivo de docentes tan competentes, preocupados e capacitados, coma os que se nomean e ós que pretendidamente se insulta. Digo pretendidamente, pois ata para insultar é preciso saber. Ser Bolivariano non é o mesmo que ser chavista. Bolivar foio o gran líder da independencia de Sudamérica. Bolivariano é un seguidor das ideas de Simón Bolívar, que era un criollo, e nada teñen que ver coa doutrina de Hugo Chavez.
Se o adxectivo bolivariano vai contra aqueles que tivemos algo que ver coa "independencia" da Arousa do concello de Vilanova, particularmente, considérome acreedor e honrado de selo.
Para xustificar os cualificativos que lle dedico os meus compañeiros de aulas (o pé de un cento), hei de recoñecer que non todos eran excelentes; pero si, a maioría. Non hai máis que comparar os resultados académicos e as actividades escolares para, ver que non desmerecen os de outros centros públicos ou privados:
Varios alumnos foron distinguidos con importantes premios tanto a nivel provincial, como autonómico e incluso un a nivel comunitario.
Algúns profesores foron recoñecidos con galardóns, tanto individuais como colectivos (tal coma o Segundo Premio “Rodríguez de la Fuente”, por un traballo en equipo sobre as orixes, formación, flora e fauna de Carreirón).
Juan Otero Maeztú, máis coñecido por Juanito de Luísa ou Juanito o do Nicho, foi o bardo por excelencia durante o século pasado na Arousa. Dotado de unha notable intelixencia crítica, de unha fina ironía, e de unha capacidade extraordinaria para versificar deixounos un puñado de coplas que nos mostran as grandezas e miserias da época e tamén o pouco que mudaron estas en tantos anos.
Nun libro de coplas de tradición oral recollidas, mecanografadas e atadecoradas con orlas por os alumnos de octavo nivel de Primaria do Colexio Público no curso 1980-81, aparecen varias atribuídas a Juanito de Luísa. Entre todas escollo esta que segue para ofrecerlla a todos os Pepitos presentes, pasados e futuros:
San Julián Bendito,
que tan alto estás,
que “haiga”más Maestros
no consientas ya.
Aquí en este pueblo
sobra la instrucción,
“para pescar chopos
chéganos Ramón.”
En el Cabodeiro
el muelle da compasión
tiene Cada brecha
para tragarse un bocoy
Y los adoquines
por obra de Dios,
no hay “dorna polbeira”
que no tenga dos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario