miércoles, 3 de marzo de 2010

UN ANO DEVALANDO





Unha canción mexicana comenza con esta estrofa:

HACE UN AÑO QUE YO TUVE UNA ILUSION
HACE UN AÑO QUE SE CUMPLE EN ESTE DIA
TU RECUERDAS QUE EN TUS BRAZOS ME DORMIA
QUE YO INOCENTE Y MUY CONFIADO TE ENTREGUE MI CORAZON

ESE TIEMPO TAN FELIZ NO VOLVERA.

Os datos que aparecen no gráfico foron editados
 por un xornal, que axudou á conquista do poder
 ó Sr. Núñez Feijoo,
 poñéndolle altavoces ás manipulacións e mentiras
 deseñadas polos asesores de campaña.
 Todos os marcadores socioeconómicos en negativo,
 un 13 % máis de desemprego. Unha guerra contra
 a nosa lingua, que por imperativo constitucional
 ten o deber de defender. E unha folla de viña
 para tapar as vergoñas: "A fusión das caixas".

¡E nas enquisas sobe...!

Hai paisanos que se empeñan en que Rosa Diez
 teña peiorativamente razón.


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Á marxe doutras consideracións, e valorando positivamente a oportunidade do post lembrando este cabodano, gustaríame facerche algunha pregunta. Máis alá do acertado ou non da data electoral, non hai que lembrar a renuncia ao adianto que se discutira o verán anterior, que che pareceu a estratexia de campaña?. Hoxe sabemos algunhas cousas, só por poñer algún exemplo, o das dietas de toñito, que agora resulta que tamén o propio feijoo cobrou dietas por desprazamento cando empregaba un coche que non era seu senón prestado pola citroen e que segundo o acordo da Mesa do Parlamento de 15 de marzo de 2006 " Os desprazamentos en vehículo propio aboaranse a razón de 0,25€ Km." Di textualmente vehículo propio. É un exemplo, hai moitos. A cuestión é que o resultado electoral foi moi axustado, tanto que a suma de votos do bipartito é maior que os votos que acadou o pp. Polo tanto buscar un motivo único que xustifique a derrota, ou a vitoria segundo como se vexa, pode ser erróneo. Igual a cuestión é ver onde se puido facer mellor. Eu estou convencido que o que se fixo moi mal foi a campaña, e que se podía ter feito bastante mellor. Penso que os asesores enganáronse de cabo a rabo, e si non foi así, é dicir, que os que se trabucaron foron os máximos responsables por non facerlles caso, ben dimitidos están. Pero o asunto é que de todo isto non temos explicación. Non sei si as organizacións políticas a teñen de cara a dentro, dende logo cara a fora non se percibe. Nuns resultados tan axustados pódeselle botar a culpa a calquera tema, algún xa desmentido polos que saben disto (sei que sigues o blog de Fermín, e que tamén mantés a análise do día despois, polo menos coláchela alí). Si che digo a verdade, estiven relendo as túas opinións daqueles días e a verdade é que o tempo foiche dando a razón en bastantes cousas. Hoxe, que engadirías ou quitarías?. Saúde.

sito vazquez dijo...

Non son partidario de poñerlle nombre os responsables de decisións que a posteriori resultan equivocadas. En este caso hai máis de un responsable do PSdeG, que sobrevalorou a capacidade de análise dos galegos, despreciando o poder e os intereses dos medios e dos testaferros mediáticos (curas e caciques) do PP no rural.
Por outra banda o BNG, quixo protagonizar en exceso o goberno, o que fixo que a xoventude se afastase. Penso que lle iría mellor, que fose de víctima para poder na campaña movilizar os xoves.
A Bouza-Brey, que foi un compañeiro do León XIII, sigo esporádicamente. Anque ten o corazón con Galicia, Galicia aínda fica moi lonxe de Madrid. Algunhas das súas análises son máis emocionalmente virtuais, que reais.

Anónimo dijo...

Non quería nomes, quería a túa opinión. Eu penso que a campaña foi nefasta. A do psoe en plan presidencialista, cun candidato con serias dificultades para conectar coa xente e que presidía un goberno de coalición, a do bng xa non me lembro. Todo como moi americano, moi mediático pero sen controlar os medios. Parecía unha campaña para outro pais. Erros de bulto e falla de resposta ás acusacións da oposición, ben por carecer delas, o cal sería moi malo vendo a cantidade de materia que había, ou ben por non querer entrar no xogo sucio, moi mal tamén porque a oposición puxera toda a carne no asador non permitindo despachar os asuntos cun simple "seguinte pregunta".

O que si está claro é que o cambio foi a bastante peor. Así que a traballar para que non renoven dentro de 3 anos.

Anónimo dijo...

Haaai os idus de marzo. Si señor, ¡genio y figura hasta la sepultura! vese que sigues na trincheira buscándo unha explicación. Claro que Diógenes só houbo un, e outros solo chegan a padecer os síntomas do síndrome.
Dado que vai avanzando o mes eu recoméndoche logo a relectura das Teses de Abril do compai Lenin. Para outubro xa falaremos.

Días atrás escoitaballe a Carlos Herrera en Onda Cero unha coplilla gaditana que decía:

Camino del faro
camino de flores
c´a mi no me engañas
c´a mi no me jodes

Creo que eso é o que vos pasou en Marzo.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.