Coa chegada da primavera, os días tórnanse agradables e convidan a saír os vellos a pasear. Na Arousa temos moitos lugares polos que facelo e de gozar da compañía de preciosas vistas e do rechouchío dos paxaros.
Non teño preferencia por ningún lugar en particular. Pero debido a súa accesibilidade frecuento máis o paseo que vai do Vao a Carreirón.
Trátase de un camiño de xabre premido, que bordea as praias do leste. Para a construción deste carreiro, "Costas", xestionou a cesión gratuíta de terreos particulares que chegaban á mallante. Uns foron máis espléndidos, outros menos, como se pode adiviñar polas sinuosidades da senda.
Visto con bos ollos hasta ten o seu encanto ver as curvas como se arriman a praia, para logo colarse os muros dos terreos particulares.
Se fas este percorrido e non queres anoxarte non debes ollar cara o interior da Illa, pois entre as construcións que afean e degradan a paisaxe, as talas dos pinos que se están facendo (eu non sei quen outorga eses permisos de maneira ilegal) e outras actuacións inquietantes, pódenche fastidiar o lúdico exercicio de camiñar.
Así que trato de ollar cara ó leste: araos, gaivotas, garzas, corre limos, patos, algún muxe saltando...alégranme o paseo e esquézome do que está a pasar na outra banda.
Pero cando chego ó fin do camiño, ó valado de Carreiron e dou a volta e me encaro, con un sibilino intento de apropiación de un sobrante, que inexplicablemente, o menos para min, queda entre o carreiro é unha propiedade particular, lévame o demo.
O camiño vai sempre arrimadiño ós muros, máis en este caso ábrese, deixando entre o terreo privado é o sendeiro unha cuña na que había unha poza poboada de salgueiros.
Digo había unha poza, pois xa non a hai. Pola Semana Santa botaron uns camións de terra, que permaneceron amontoados durante varios días e logo estendéronos nivelando o terreo a altura do privado.
Aínda que xa teño anos para pensar mal de estas actuacións, optei por pensar ben: "Posiblemente Costas ou o Concello, teñan previsto montar uns bancos para que os paseantes se poidan tomar un respiro a unha das poucas sombras que van ficando no paseo."
Pero cando vexo que este terreo está posteado e con malla de arame en partes, recordo aquel refán que di: "pensa mal e acertarás".
Non sei quen ten que defender este terreo de unha enigmática usurpación.
¿Costas, Montes, o Concello, un alzamento popular?
Non o sei.
A miña dignidade e a dos verdadeiros arousáns, non queren pasar por esta ignominia.
Quero acabar o paseo sen cabreo.
3 comentarios:
Sabesque fago eu neses casos?tamen me encantan eses paseiños a mañan moi cediño case o amaecer, e como ti ben dis, e perdoa que che tutee.
Vexo cousas que me molestan un monton e non entendo pero non quero estropearme o dia, asi que penso en cousas agradables, escoito musica,penso en cousas que me gusaria facer, incluso en cousas que podria facer ese mesmo dia que comenza,ou deixome levar pola musica e nin siquera penso en nada so miro pa diante sin ver o que vou deixando o meu redor ou atras. porque amargarse o dia vendo como estropean a natureza que nos rodea?si ndie nos fai xa caso. o mellor eu non fago ben, e o mellor disme que si todos fixeran coma min seria malo, e seguro tes razon, pero non e que non me preocupe, so que penso que ti por exemplo si estas xubilado e pa disfrutar un pouco de eses paseos e de outras cosas que che fagan sentir ben e desde logo chegar cun cabreo a casa non e san pa nada. na que perdoa polo royo, pero o leerche recordastesme cousas que ue tamen sentia xa dio antes de aprender aislarme do que me rodeaba.Recibe un saudo. de toda a familia
Si me permites queria pedirche un favor, eu queria poñer unha foto miña na cabeceira do meu blog asi como tes ti no blog de AROUSA A DEBATE aquela foto de dornas. quisera saber como fixeches pa poñela. e que eu pa eso son moi torpe non sei facelo. si poideses axudarme,non quisera molestar, pero non sei a quen pedir axuda. non coñezo blogeros que coma ti sepan poñer na plantilla unha foto o seu gusto, eu puxen o que bogler me bloger tiña pero gustariame personalizala con algo feito por min. bueno si podes axudarme agradeceriacho e si non, pois tamen tan amigos non pasa nada. Un saudiño moy cordial.
Oxalá algún dia cheguemos a respetar a nai natureza e nos concienciemos de que se pode convivir con ela en perfecta armonía. algo que na illa moitas veces se consegue, como o reciclaxe, todo o mundo recicla, pero a hora da verdade ves detalles de esta índole
http://www.ailladoreves.blogspot.com
Publicar un comentario