Dentro de uns anos, cando comecen a fundirse os témpanos dos Círculos Polares e os glaciares, o aspecto das praias e dos paseos marítimos de Arousa pode ser semellante ás fotografías que se mostran. Pero sen volver a devalar.
Peirao do Chufre |
En esta ocasión xa me asegurei de que baixaba a marea antes de colgar estas fotos que foron obtidas esta mesma tarde, na que varios factores climatolóxicos, se puxeron de acordo para anegar as praias.
Así, que, como dicía o científico, primo de un "dirixente político", non hai que ter medo ó cambio climático.
Medo hai que terllo a quen tal cousa afirma.
Paseo do Vao |
Comeza a devalar.Os patiños volven o mar |
4 comentarios:
...Con esto do cambio climático unhas me van e outras me veñen. Hai moita demagoxia ao respecto entre os que consideran indiscutibles estas teorías e os detractores das mesmas:
http://www.larazon.es/noticia/una-red-de-mentiras-sobre-el-cambio-climatico
Seguro que eres sabedor da evolución do clima galego: no terciario, de tipo tropical-subtropical; a incidencia periglaciar no Xistral e na Capelada, ou nos Ancares-Caurel, así como das oscilacións do nivel das augas posteriores xa no cuaternario(por certo, con incidencias visibles na area da secada ou na formación do tombo do Campo. Neste caso non sei si lembras a gran cantidade de estratos de xeixos que quedaron ao descuberto cando o Pastelero fixo o edificio).
No eido personal, penso que o peor que che pode pasar é que, seguindo a dinámica das imaxes, a túa casa acabe afectada por Costas e che poñan un "mojón" (non na acepción venezolana) como deslinde ou que, emulando o destino da señorita Carmen Gallego(permíteme parafrasear en adaptación libre ao descamisado de Armani cando se lembra da Trini)lle tiren o ático a D. José de Palas por invadir a zona de servidume.
Este é un agasallo persoal, para que vexas que te estimo:
Atlas climático de Galicia
http://www.siam-cma.org/publicacions/doc.asp?id=336
http://www.consciouslivingfoundation.org/ebooks/new5/James%20Joyce%20-%20Dubliners.pdf
Dubliners todavía o estou lendo, en inglés, baixado de internet, así que xa te contarei.
Cheghou o mar aos laghares, que dicían os vellos.
Il acqua alta que dirían os venecianos.
Para Pepito:
Estes días esquecín os blogs para dedicarme a apañar cogomelos polas serras do parque de Peneda-Gères. Traballo me costou encontrar un lugar para pousar o cesto que non ardera.
Esta introducción ven a conto, como exemplo do pouco respecto que temos pola Natureza.
A min temén me asaltan dúbidas. Non son tan ousado como para predicir o futuro. Mudanzas na climatoloxía producironse moitas veces e algunhas especies pereceron e outras adaptáronse.
A maioría de estes cambios producíronse de forma paulatina a través de miles de anos.
Para mín o problema reside en que si os cambios se producen de forma moi brusca posiblemente a maior parte dos seres naturais hoxe existentes non teñan tempo de adaptarse.
E como dí o refrán castellano "Más vale prevenir que lamentar".
A algúns anque sexamos vellos preocúpanos o porvir dos nosos netos.
Publicar un comentario