domingo, 3 de octubre de 2010

O FERRO DE OURO

O PUCHEIRO DE “FERRO” FUNDIDO.

O pucheiro é un recipiente fondo barrigudo de boca grande con paredes de barro groso, que se usa para cociñar e manter o calor do cociñado durante tempo.
Pucheiro tamén se lle chama a unha comida que se cociña en ese utensilio no que se cocen distintos víveres dos que poidas botar man en un momento de apuro (verzas, patacas, chourizo, touciño, garavanzos, unto, fabas, etc.)
Un pucheiro tamén servía de urna nas eleccións que se celebraron durante o século XIX e principios do XX, cando os dous partidos bendicidos pola coroa real (Conservadores e Liberais), se repartían o poder as costas do pobo.
De este “pucheiro” onde se cocía a política de aquela época ven a palabra “pucheirazo”. Que consistía en cambiar o pucheiro dos votos emitidos por outro previamente preparado escondido debaixo da mesa.
Tamén teño oído que nas fundicións de Alamparte, en Carril, ademais de potes se fundían pucheiros de ferro.

Son contadas as cidades que poidan presumir de ter un campión do mundo. E moito menos si se trata de pequenas vilas coma a de Arousa. O recoñecemento que se merece por parte dos seus veciños debe manifestarse de unha maneira pública na que se debe involucrar o Concello que nos representa a todos. Pois o noso campión, Ramón Ferro, é de todos.
Este título é o resultado do seu esforzo, da súa tenacidade, do seu saber; pero tamén do apoio de un pobo, que lle facilitou unhas instalacións, uns medios, que sen eles seríalle máis difícil ou se cadra imposible conseguir ser o as do canoísmo na categoría C-2.
Non debemos esquecer que o club de piragüismo foi fundado pola Confraría, sendo Patrón Maior Arturo Otero Iglesias, entón militante da UCD. As instalacións de que dispón xestionounas o Concello, sendo o que subscribe Alcalde, conculcando os seus propios principios é os establecidos pola Lei de Costas,que non permitía construír en fangueiras, por considerar os dirixentes do club que ese era o lugar axeitado. Os arquitectos irmáns Hermo foron os encargados do proxecto simulando a estrutura de unha fábrica de Conservas, para racionalizar o impacto ambiental. Desde entón son varias as institucións e particulares que o sosteñen economicamente. Entre elas, como non podía ser de outra maneira, de unha forma especial está o Concello.
É certo que o Concello perdeu a ocasión de brindarnos ó pobo de Arousa a alegría, a festa de recibir nas súas instalacións ó noso Campión. Sei que os concelleiros que os foron a recibir con ramos de flores, foron ignorados. (O Alcalde estaba de viaxe institucional)

O FERRO DE OURO

Ramón é de todos os arousáns (é non teño dúbida de que ese é o seu desexo). A súa vitoria non pode nin debe ser emborreada polo protagonismo de un partido político, e menos que teñamos que escoitar a alguén “de fora” dicirnos que foi a deputación do PP a única que remou en solitario para que lles colgasen as medallas a Ferro e a Graña.
Ese indigno acto partidista celebrado o luns no club de piragüismo, foi un pucheirazo coma os do século XIX, cambiándonos a un Ferro de todos, a un Ferro arousán, a un Ferro de Ouro, orgullo de este pobo, por un “ferrancho”, ferramenta electoral do Partido Popular.




.

12 comentarios:

Anónimo dijo...

Non tes razón. Onde estaba o alcalde?. Ferro foi campión do mundo o domingo pola mañá. O acto foi o luns pola tarde. E digo máis, non é a primeira vez que pasa. Con Ferro e con outros. Así que mellor, deixa estar a cousa como está.

Anónimo dijo...

"Parturient montes, nascetur ridiculus mus"..., a "Sitada" do día, é o que hai.

sito vazquez dijo...

Para Na Arousa:
Teño moito respecto e consideración ós teus acertados e documentados comentarios. Estou seguro que si dis que non teño razón será que non a terei ou que a que teño non é de óptima calidade. De todas maneiras o que digo é certo. Se cadra debería ser máis explícito no comentario no que me refiro á pasividade do concello e que en lugar de dicir "o Concello perdeu a ocasión de brindarnos ó pobo de Arousa a alegría, a festa de recibir nas súas instalacións ó noso Campión." debería dicir:"O Concello non tivo os reflexos necesarios para convocar ó pobo
e á Corporación Municipal para facerlle un recibemento popular e tomar o acordo de propoñer a Ferro Fillo predilecto ou Mellor deportista ou calquera outra merecida distinción".
De todas maneiras a bo entendedor sobran palabras (é ti érelo) por iso estou convencido de que o teu comentario foi unha maneira de tirarme da lingua.
Pois conseguíchelo, parabéns.

Para o "nasciturus":
Xa vexo que vai progresando hoxe escribe en latín, quen sabe si mañán o fará en arameo. Esto chámase progreso o problema é que pensa co seu nome sen o "pe". Disculpen os ben falantes.

Anónimo dijo...

Xa te acordaras de Ferro noutras ocasións, por exemplo no 2008:

http://sito-vazquez.blogspot.com/2008/10/ramon-ferro-subcampion-mundial.html

Ou no anterior artigo, que teño que dicir que me gusta máis ca este.

Herrarum humanum est

Cando lin o anterior post, escribira un comentario, mais como non lembraba nin o nome de usuario nin o contrasinal que creei para poder comentar por aquí, non o dei publicado, a ver si agora vai.

Ao fío do que dicías, veume á cabeza un recordo de fai bastantes anos. Nun mitin de atletismo en Pontevedra, escoitáralle a un destacado mediofondista galego dicir que el sabía cando estaba en forma pola reacción de súa aboa cando a ía visitar á aldea. Si ao chegar non había máis ca bicos, entón era que o seu estado non era o óptimo, agora ben, se ao chegar a súa aboa santificábase e sacaba rapidamente os chourizos e o queixo obrigándoo a comer, entón era que estaba a punto. Esa imaxe foi a que ti vistes de ferro uns días antes do mundial. Estaba moi ben preparado, iso leva moito traballo, nada máis e nada menos que 22 anos. E xa choveu.

sito vazquez dijo...

Para na Arousa:
"Errarum humanum est."

Anónimo dijo...

Por iso, por iso, porque Herrar é humano.

Anónimo dijo...

Ben, ben, o ancián mestre cabréase! Vese que a senectude non lle fai mella. Non fai moito lembreime del cando leía Dubliners de J. Joyce e me atopei ca expresión "tiresome old fool!". Claro que esto non sucede a cotío e os que pensamos co "pito" tomámolo como o que é, o pito do sereno.

sito vazquez dijo...

Ola, Pepito:
Son moi paciente e non me cabrea calquera cousa. Deixáchesmo moi fácil e aproveitei a ocasión. Entrei no xogo para que vexas que anque son vello non son aburrido nin parvo("tiresome old fool!"). Anque do último non estou moi seguro, como tampouco o estou de que entendas a Joyce.
Sorprendeume que te ofendera máis o de pensar co "pito"(O home pensa máis con el do que recoñece) que o de "nasciturus",que non o mencionas.
Para non aburrirte máis coas miñas parodias, recibe un saúdo este vello, parvo e aburrido profesor.

PD.-(nunca te tomei polo pito do sereno, dado o caso non perdería o tempo en contestarche)

Anónimo dijo...

O pucheiro xa está. Quítao do lume que aínda se vai queimar!.

rectificare sapientis est

Borra a entrada.

McMill dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
McMill dijo...

Tivese o Concello máis ou menos reflexos (e non sei de que xeito foron "ignorados" os dos ramos de flores) non hai que ser moi revirado para ver que actividades da Deputación se converten moitas veces en actos partidistas -cando non nalgo peor (exemplos, o congreso de G-Bilingüis, a portada de onte de www.xornal.com, disque agora Louzán exixe de "requisito fundamental" o envío 'en castellano' das solicitudes para as subvencións)-.

Se foi o caso de novo, ben escrita está a entrada. Se foi torpeza do alcalde ou quen fose, ou pereza de celebrar a un rival político, vale, moi mal; Non sei como foi, pero está claro que hai momentos para "descansar de liortas" e xestos raros, igual que toda a Arousa celebra un ascenso do Céltiga, neste caso é nada menos que un ouro mundial dumha das categorías máis duras.

Pode ser máis ou menos axeitada a metáfora do caldeiro, pero para min Sito acerta en felicitar a Ferro, e resaltar que todo o deporte arousán, e toda a Arousa está de noraboa. E por outra banda sabe do que fala ao explicar que o Concello, sendo el o alcalde, accedeu a proxectar o clube onde está pese á oposición de Costas (que considera "recheo" o triángulo do Bao-Canteira).

Así que, aínda que namáis fose por iso, está ben recordar que os piragüistas si que reciben apoio do Concello, como debe ser. Que podía ser máis? igual si, aí non entro (que cambien as normas do Patronato, que se cumplan os programas, etc), e menos en época de "Austeridá"... que veremos que é do Xacobeo/Agora·non·se·sabe/Galicia de ciclismo. Por certo, un médico do equipo vinculou o positivo de Mosquera co cambio de governo na Xunta (máis permisiva, disque, coa 'preparación' do equipo). Hai que ter sentidinho, que como di o de Arteixo, "non vai ser todo futbol"... nen ciclismo.

Salú"!

PS/
Lástima que a proba de Ferro non sexa olímpica -aínda que fose en deportes de exhibición (como falaban de meter o futbolín)- porque estaría moi ben ve-lo nos Xogos de Londres 2012.

sito vazquez dijo...

Levo un tempo lonxe do mundo virtual por entreterme na casi imposible tarefa de apañar cogomelos, cando as condicións climáticas non lle son favorables o seu afloramento.
De volta encóntrome con dous comentarios a esta entrada en certo modo discrepantes. Como considero ós comentaristas cando menos personas intelixentes, dame por pensar que non se entendeu moi ben a miña postura, por dar por descontado que era coñecida.
Explícome:
Fun profesor de Ramón e aprecieino como alumno, polos seus valores humanos. Non por ser o máis listo nin o máis guapo.
Sentín orgullo dos seus trunfos.
Así o manifestei nos meus blogs e en blogs alleos. Nada máis enterarme da súa victoria xa o felicitei a través do blog "piragüismoilladearousa". Fun o primeiro en felicitalo.
A montaxe do pucheiro, púxena como mostra do mellor que había dentro. Coa culler sempre se mostra a mellor tallada, cando se quere vender o contido do pucheiro.
Nunca foi a miña intención ofender a Ramón. Todo o contrario.
Si despois de esta aclaración, alguén pensa que estou ofendendo ó noso campeón, pídolle disculpas por non ser capaz de expresarme de unha forma máis convincente.