Co paso dos anos xa non encontras cousas que te chamen a atención por novidosas. Xa so te podes sorprender no eido das novas tecnoloxías.
O mes pasado cando entrei na casa do Concello de Arousa, esa sinxela, singular e funcional obra de Manolo Gallego, reparei en un mural que había exposto ó longo da parede da entrada á sala de sesións. Non podía pasar desapercibido, pois ó abrir a porta fíxome un chisco de luces cos reflexos producidos por o ar na súa ondeante superficie. O mural representaba unha dorna navegando con dous mariñeiros a bordo e un faro que os guiaba. Sopraba un ventiño do norte que fixo que as ondas se moveran e a dorna avanzase. Ó pecharse a porta e calmarse o mar puiden observar, que se trataba de un mural feito con bolsas do lixo de plástico.
Cando preguntei polo autor, e me dixeron que era obra de Benito Iglesias, non me fixo falta preguntar de que Benito Iglesias se trataba ( coñezo máis de un“Benito Iglesias”). Inmediatamente me foi a cabeza para Benito Iglesias o “da Chavola”. Pois sendo meu alumno xa me tiña demostrado a súa orixinal curiosidade.
Hai uns días tiven ocasión de falar con el e de interesarme pola súa vida e pola súa obra:
Benito reside en León e colabora na montaxe da escenografía de obras de teatro de varios grupos aficionados do barrio. Utiliza para o seu traballo material “non utilizable”, ou dificilmente reutilizable, especialmente bolsas de plástico.
O resultado é cando menos sorprendente, por tratarse de un material ó que el sabe sacarlle partido e ademais, xoga coas moitas posibilidades que este soporte ofrece.
Espero que a iniciativa vaia máis alá, que teña continuidade e que Benito sexa recoñecido como o artista plástico do plástico.
Un exemplo máis da creatividade e da orixinalidade da xente da Arousa.
Gracias, Benito.
Espero e desexo que a túa obra,esa maneira artística de reciclar, sexa valorada como se merece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario