miércoles, 19 de agosto de 2009

GALIÑAS AZUIS



Teño un neto de dous anos que durante este curso asistiu a unha Galescola. Estaba todo preocupado, pois ó decir de algúns colectivos e tamén do Patido Popular corría o risco de que lle comeran o "coco".
Era unha ameaza seria. Os nenos a esas idades son coma as esponxas: chúpano todo. Son papeis en branco no que os educadores escreben con letra indeleble.

Observen como lle comen o "tarro" as crianzas.
Mateo, que así se chama o meu neto, recibiu a nefasta influencia da ideoloxía impartida na Galescola da Illa de Arousa. Espero que agora coa desideoloxizada "Galiñescola" o meu neto deixe de dicir "tasa" e aprenda a dicir casa. Así é como debe nomearse ó lugar onde se vive.
Agradezo ó novo goberno da Xunta que se tome a molestia, neste caluroso mes de agosto, de pintar as galiñas de azul. Agora só falta que poña os ovos tamén azuis. Todos sabemos que o azul é unha cor que non ten ideoloxía.

21 comentarios:

José Luís do Pico Orjais dijo...

Eu proponho que lhe chamem galinhaescolas e que cando chova saquem aos pequenos ao pátio, para que se ponham como pitos.

sito vazquez dijo...

Polo pitorreo que se traen tamén lle podían chamar "Pitoescolas" ou anque non sexa políticamente correcto Galoescolas, e xa non tiñan que mudar os carteis.
Saudiña.

Anónimo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Anónimo dijo...

Suprimín o anterior comentario pero penso que é bo mantelo a título informativo.

As leis de protección da infancia prohiben a publicación de imaxes de menores. Estás a xogarte unha denuncia por posible delito.

Saudos azules

E engado, na época na que compartiches docencia con Manolo Dios recordo que éste falaba nas clases das dúas correntes históricas presentes no PSOE, que si marxista, que si socialdemócrata, mesmo daquel congreso de Suresnes no que triunfou finalmente esta última. Así que, xa ves, o proselitismo xa estaba presente daquela na docencia. Pero sempre vemos a palla no ollo alleo, que llo digan ao noso veciño de Rianxo.

Na Arousa dijo...

http://www.farodevigo.es/galicia/2009/08/19/galicia-gallina-nueva-mandilones-viejos/359752.html

La Xunta ha descubierto el cuento de "A galiña azul", escrito por Carlos Casares en 1968. El nuevo logotipo de la red de escuelas infantiles de Galicia está inspirado en el personaje que creó el escritor para que una niña que él conocía "nunca" olvidara que era gallega.

"La elección de la "galiña azul", que fue diseñada por Europublic Marketing a partir de la descripción de Carlos Casares –aunque sin las cinco plumas rojas que el autor imagina en el ala derecha del personaje–"

José Luís do Pico Orjais dijo...

Não sei se é brincadeira mas acho que o de GALIÑA AZUL tem uma mensagem críptica:
GALIza+espaÑA = GALIÑA
Nova campanha para Gadis: Vivamos como galiñas!
Só uma coisa Pepito: pelo que diz semelha que os dois fomos alunos de Manolo Dios, por exemplo. Acho que a escola pública, incluída o infantário, tem algo superior a privada e é que o seu fim não é adotrinar, senão criar livre-pensadores. Assim, dum mesmo aulário sairam dois indivíduos tão equidistantes a Manolo ou Sito como ti e mais eu. Não é isto um trunfo do ensino público? Saudações.

sito vazquez dijo...

Gracias José Luis (para mín Pepiño), pois en parte contestácheslle a Pepito coa argumentación que me reservaba. Tamén quero darlle os parabéns a Naarousa, sempre tan ben documentado.
A Pepito quero agradecerlle a información sobre os dereitos de imaxe dos menores, e aproveitar a ocasión para dicirlle que todos temos ideoloxía, ata os que presumen de non tela. A ideoloxía é o resultado das vivencias e das influencias que cada subxeito recibe o longo da súa vida, e que todos manifestamos nos nosos actos. Ben é verdade que algúns déixanse influenciar máis que outros. Tamén abunda o especimen que vende o seu criterio ou maneira de pensar para alcanzar algún tipo de beneficio. En este caso esta é a súa ideoloxía.

Na Arousa dijo...

Xa que falamos de educación, recoméndovos un artigo que fala da manipulación mediática sobre Venezuela, tema do que falamos aquí algunha vez.

http://www.gznacion.com/web/opinion_articulo.php?id_artic=898

"Venezuela foi declarada pola UNESCO Territorio Libre de Analfabetismo no 2005 logro acadado grazas ao apoio cubano e ao método de alfabetización "eu sí podo", a taxa de escolarización en preescolar no ano 2008 era do 84,8% fronte ao 53,4% no 1999, o investimento en educación pasou do 3,9% do PIB en 1998 ao 5,8% no 2007, etc?. Pero de todo isto curiosamente apenas se fala."

Para algúns, os colexios onde non se adutrina son os do opus, por eso o goberno de frijolito ven de renovarlles o concerto a pesar de segregaren ós nenos por razón de sexo. Esto si que é de dudosa constitucionalidade.

Non hai cartos para os libros dos rapaces pero si os hai para os colexios privados do opus dei, que non hai que lembrar que é unha secta dentro da respectable igrexa católica, xa que así a catalogan, como secta, os distintos observatorios internacionais.

Algunhas lindezas del fundador de la obra, tan presente no goberno de frijolito:

http://www.geocities.com/catolicos2001/opusdei.htm

Escrivá fue conocido por su carácter irascible y su vulgar personalidad. Siendo ya religioso, se evidencia su personalidad patológica con frases como ‘ahorcaría al último obispo con sus propias tripas’, lo que es común en psicópatas. Otro rasgo: la mentira o mitomanía y el fraude. Siendo su familia pobrísima, la mantuvo con su sueldo en un apartamento modesto. Cuando éste fue destruido por la guerra civil, creó la historia de que vivió en un ‘noble palacio’. Su complejo de miserable fue más allá, y cuando ya era religioso, compró en 1968 el título nobiliario de Marqués de Peralta, demostración de su megalomanía o delirio de grandeza. Esto sería ridículo en una persona común, y es imperdonable en un religioso. Sin embargo, esta persona burda trataba de impresionar usando cilicio(1) hasta sangrar, lo que denota otro rasgo de anormalidad. Durante su vida, apoyó a la dictadura de Franco, y admiró a Hitler. Una frase suya: ‘Hitler contra los judíos, Hitler contra los Eslavos, esto significa Hitler contra el comunismo’. Escrivá amaba la violencia de la guerra, así, dijo: ‘¡La guerra! La guerra tiene finalidad sobrenatural... Pero tendremos, al final, que amarla, como el religioso debe amar sus disciplinas.’ (Camino, máxima 311).

E para rematar e disfrutar un pouco, vou escoitar, en disco de vinilo, un regalo dun amigo nunhas festas do vrán de fai algúns anos "galinhas do mato".

José Luís do Pico Orjais dijo...

Que boa escolha, NaArousa.
Dizia o Zé:

O norte é irmão do sul
e o sul e irmão do norte,
na união de todos nós,
Portugal fica mais forte.

Sempre para a frente. Educação e democracia.

Anónimo dijo...

Ben, o que vexo é que o pensamento totalitario, o pensamento único prolóngase xeración tras xeración. Digo esto porque queda patente que o voso modelo educativo só o concebides desde unha perspectiva cínica e hipócrita.
Excusádeme si son tan directo e non vexades nas miñas verbas un insulto persoal.
Chego a esta conclusión porque polo que se deduce perseverades no erro de considerar as aulas como lugar de adoctrinamento, por outra banda algo moi propio da concepción da función docente (noutros eidos tamén) da esquerda. Tanto un coma o outro esquecédesvos da finalidade última do mestre/profesor que é a instrucción. Cando esta é cínicamente sesgada, sin contrastes ou maniqueamente tendenciosa estamos ante o proselitismo que uns mantiveron durante o exercicio profesional e outros non logran desprenderse.
Para finalizar direiche, Pepe, que atribuirlle á escola pública as nosas diferencias é moito atribuir aínda que só trates de facer unha metáfora. Os dóus sabemos que é algo máis complicado. Pero o teu argumento sérveme para facer unha breve reflexión, esto é, durante a EXB e o BUP/COU e a Universidade (públicas) a meirande parte dos docentes son de esquerdas ou mimetízanse ca paisaxe, eu díría que por medo á maioría("donde fueres haz...") que, a pesares de todo, salgan rapaces capaces de pensar en sentido contrario ó oficialismo e ó poder omnímodo da esquerda é simplemente un triunfo da razón, nesto sí que concordo.

José Luís do Pico Orjais dijo...

Desculpa Pepito mas devemos viver em mundos paralelos. Eu teve professores de todas as ideologias, em primário, secundário e a Universidade. Lembro uma professora no primário que nos fazia rezar o pai nosso ou um, ao que sempre terei como modelo do mais primitivo dos seres, que pegava pancadas com absoluta impunidade. Houve mestres carlistas, que não diziam uma palavra em galego, etc. Onde acho que não deve haver um discurso muito plural é na Estila ou em Peleteiro, por pôr dous exemplos da privada.
Sou mestre desde faz quinze anos e só encontrei claustros oficialistas, nada críticos e onde umas poucas pessoas estamos a dar a lata com as nossas demandas.
Na minha escola a tese galeguista está em minoria e, falando de doutrinas, cada ano há um presépio na porta do cole pelo Natal.
Eu não creio nas imposições, creio na liberdade de cátedra, que as crianças possam escutar de tudo e opinem. Eu repeito aos meus companheiros por isso os meus companheiros sempre me respeitaram. Não me trates de ditador, fascista linguístico e não sei que mais. Sou um patriota e obro em coherencia mas tendo como faro e guia a liberdade sempre. Os ateus temos que crer em algo e eu só creio no meu país.

Na Arousa dijo...

Que buena es la escuela privada, lugar donde no se adoctrina a nadie. Frijolito estudió en los maristas y ahora escribe "progama". A ignorancia ó poder.

A ignorancia tamén é atrevida. Según a RAE

Adoctrinar
1. tr. Instruir a alguien en el conocimiento o enseñanzas de una doctrina, inculcarle determinadas ideas o creencias.

instruir.
(Del lat. instruĕre).

1. tr. Enseñar, doctrinar.

2. tr. Comunicar sistemáticamente ideas, conocimientos o doctrinas.

3. tr. Dar a conocer a alguien el estado de algo, informarle de ello, o comunicarle avisos o reglas de conducta. U. t. c. prnl.

4. tr. Tramitar un procedimiento administrativo o judicial.

O recurso dos malos alumnos é votárllela culpa ós mestres.

De qué están a falar algúns? De calquer cousa menos de ensino.

Na Arousa dijo...

http://www.xornal.com/artigo/2009/08/20/politica/confederacion-pais-alumnos-nega-galescolas-adoutrinen/2009082020583398479.html

O presidente de Confapa-Galicia, Virxilio Gantes, manifestou onte que “nunca tivemos ningún tipo de reclamación dos pais sobre as galescolas en canto aos seus contidos”. Desta forma, desde a confederación de pais de alumnos de centros públicos non comparten as críticas que a actual Xunta de Galicia fai á rede de escolas infantís promovida pola Consellería de Igualdade e Benestar durante a pasada lexislatura. Esta semana, os departamentos de Educación e Traballo da Xunta anunciaban que as galescolas pasarían a denominarse A Galiña Azul e “cambiarían por completo os seus contidos”, na búsqueda de “desideoloxizar e desadoutrinar a educación infantil, tal e como se viña facendo co bipartito”.

Aquí tendes os enlaces ós videos dos conselleiros de educación e benestar. Surrealista.

http://www.axencia.com/pub/m_115817.htm

Na Arousa dijo...

Todos temos contradicións, algunhas de calado, pero sin ánimo de faltar a ninguén (agora xa lle podo chamar fillo de puta), haiche algunhas que son de ir a mirarse.

Xustifícase coa mesma tranquilidade que os libros de texto do ensino obrigatorio deixen de ser gratuitos por falta de cartos e por outro lado dánlle cartos públicos a colexios privados do opus dei. Vese que nestos colexios non adoctrinan ou instruen rapaces, só os segregan por sexo.

Cámbianlle o nome ás galescolas por galiña azul, galescola ten unha carga ideolóxica moi forte, di o conselleiro que agora xa está desideoloxizada (vaia palabro, nen el mesmo foi quen de dalo pronunciado), é de esperar polo tanto que lle cambien o nome á Real Academia Galega, ó Consello da Cultura Galega, ...

http://www.lavozdegalicia.es/opinion/2009/08/20/0003_7917913.htm

Na Arousa dijo...

http://www.xornal.com/opinions/2009/08/23/Opinion/desideoloxizacion/2009082321542342162.html

O conselleiro de Educación di que a galiña do novo logotipo das escolas infantís representa a sensibilidade, liberdade, diversidade e pluralidade, e a seguir engade que o novo sistema de educación infantil ten como obxectivo —sitúese o lector diante destas divinas palabras— “formar a cidadáns librepensadores, portadores de dereitos universais e actores protagonistas da liberdade que debe caracterizar unha democracia sólida como a nosa”. ¿Estase a referir o conselleiro a meniños de 0 a 3 anos? ¿Garderías formando a cidadáns librepensadores?

sito vazquez dijo...

As palabras, como todo, co uso sofren en desgaste. Pouco a pouco vanse tornando anorésicas e non hai maneira de recoñecelas. Algunhas como CONCIENCIA,LIBERDADE,LIBREPENSADORES,SOLIDARIDADE, etc. en boca de algunha xente sofren un verdadeiro transformismo sexual. Moitas veces pregúntome con que vocablo designarían Diderot, Rouseau, Volaire, Montesquieu e outros librepensadores estas palabras?

Anónimo dijo...

Seguindo co comentario de Sito eu diría que o mesmo se preguntou Napoleón nas vésperas do 18 de Brumario (qué terá o 18?) cando, recén chegado dunhas ben merecidas e gloriosas vacacións en Exipto, dou por finiquitado o "réxime do terror". Deste xeito, aquel "ilustre sanguinario" cheo de boas intencións que descoñecía o refrán galego de que "todo cocho ten o seu San Martiño" adicóuse a fondo a difundir as bondades de Madame Guillotine ata que lla presentaron en persona.
Como sempre, a esquerda revístese dun aura de lexitimidade intelectual. É como si viviran nun perpétuo estado de éxtase, diría que como a santa de Cepeda pero en laico, que lles impide aceptar unha visión, neste caso do mundo educativo, neutra, allea a todo intervencionismo ideolóxico. Será o medo á liberdade?
En consoancia coa actualidade á benquerida Tropa Bolivariana recibiríanos con frores e alfombra roxa en Maiquetía.

sito vazquez dijo...

PEPITO.
A palabra LIBERDADE ten un significado tan grande que non cabe no universo.Os mesmos astros réxense por leis universais. Ninguén e libre totalmente. Canda dicimos que un escravo logra a liberdade, só queremos dicir que deixa de ser servo de outro home. Máis non é libre, pois está sometido a moitas outras normas de comportamento que a sociedade lle impón.
No século XIX, diante dos abusos dos patróns, algúns dos que ti chamas intelectuais de esquerdas (eu chámolles xente comprometida)discutían sobre a prioridade da liberdade sobre a xustiza ou viceversa. Os máis lúcidos chegaron a conclusión que para alcanzar un maior grao de "liberdades" había que empezar por unha verdadeira xustiza social.

Un librepensador é aquela persoa que é capaz de desprenderse de todo tipo de prexuizos: sociais, artísticos, relixiosos... e encara o futuro partindo de cero.
¿Coñeces moitos?

Non sei a razón de que tanto mentes a Venezuela. Eu nunca fun simpatizante de nengún golpista(Chavez protagonizou unha asonada), anque poidera recoñecer certos logros. Un día vou a escribir sobre Venezuela, onde teño varios seguidores dos meus blogs

Na Arousa dijo...

Si xa decía eu que che hai cousas que son de mirar. Intervencionismo ideolóxico? eh?...

"A galiña do novo logotipo das escolas infantís representa a sensibilidade, liberdade, diversidade e pluralidade..., o novo sistema de educación infantil ten como obxectivo formar a cidadáns librepensadores, portadores de dereitos universais e actores protagonistas da liberdade que debe caracterizar unha democracia sólida como a nosa”.(Sic. Conselleiro de Educación).

Hai que lembrarlle a algún que se refire a nenos de 0 a 3 anos. Isto non é "intervencionismo ideolóxico"? Isto é neutro nonsi.

Librepensador, formar opinións sobre a base da razón, independentemente da relixión, tradición, autoridade das ideas establecidas. Rechazar polo tanto o dogma relixioso. Racionalismo.

Eu non é por nada, pero pa min que tes un cacao de carallo. Visión neutra do mundo educativo debe ser a que teñen os colexios do opus ós que lle acaba de conceder axudas o goberno de frijolito que ti defendes con argumento absolutamente contradictorios. Visión neutra debe ser negar a gratuidade universal dos libros de texto no ensino obrigatorio. Visión neutra será negar o galego como lingua propia da galiza no sistema educativo. Visión neutra é non ver que segregar ós nenos por razón de xénero é volver á idade media. Visión neutra é segregar ós alumnos pola lingua que falen...

Non che hai peor cego que o que non quere ver. (Isto é un refrán, non che estou desexando que te teñas que encomendar a Santa Luzia).

Na Arousa dijo...

Ti que dis que gostas tanto da arte. De verdade pensas que unha galiña representa todo eso que di o Conselleiro?. Dinos de verdade o que representa unha galiña na arte, dende a rupestre ata a actualidade. Será por aquelo de que "la cultura gallega está bien pero limita"?, non creo. Anda, por favor, dinos o que de verdade representan as galiñas.

Na Arousa dijo...

Que vai pasar en Portugal o próximo 27?, porqué non vos animades a escibir algo ti ou Pepinho.

http://www.xornal.com/artigo/2009/08/30/mundo/candidato-socialista-promete-red-publica-guarderias-portugal/2009083020132354768.html

El primer ministro de Portugal y candidato a la reelección por el Partido Socialista, José Sócrates, prometió hoy crear una red pública de guarderías si gana las elecciones legislativas del próximo 27 de septiembre.