lunes, 13 de julio de 2009

TRINTA ANOS DA COMISIÓN "DA PONTE"

  • UNHA COMISIÓN, QUE RESULTOU SER UNHA EXCEPCIÓN

Hai un dito moi habitual entre os políticos que reza así: “cando queiras que algo non funcione crea unha comisión”. Mais os ditos, o mesmo que todas as regras, teñen tamén as súas excepcións que os confirman. É posíbel que sobre a nosa Illa exista unha lei da gravitación universal diferente, como din que sucede no Triángulo das Bermudas, na que se producen fenómenos estranos que non teñen explicación científica. Na Arousa funcionaron todas as comisións para confirmar a regra.

Presentación da Candidatura que gañaría as primeiras eleccións ó

Concello de Vilanova. Esta candidatura leva no seu programa

a segregación da Illa de Arousa do Concello

A Agrupación Independente da Illa (A M D G) gañou as primeiras eleccións democráticas ó Concello de Vilanova. No Concello non había máis diñeiro que no capítulo 1 dos orzamentos municipais, escasamente para pagar ó persoal. Desde abril de 1.979 (mes no que tomamos posesión do goberno municipal) ata xaneiro do ano seguinte tan so puidemos comprar a crédito algunhas bombillas que levaban moito tempo fundidas e algúns sacos de cemento para tapar as pozas máis fondas.

O feito de non ter diñeiro, a longo prazo resultou ser positivo. Pois como di o refrán a “fame aguza o enxeño”. Pasamos oito meses longos imaxinándonos como podíamos facer cousas sen diñeiro. Creando comisións, involucrando os veciños en iniciativas populares, que resultaron ser proveitosas.

A primeira comisión en formarse foi a Comisión da Ponte a finais do mes de maio:

O bar Ribeirán (o de Tucho), tiña un reservado onde cataban os fabricantes os productos que elaboraban de cada colleita de mariscos ou peixe, que regaban con viño do ribeiro, de aquel arreluado, case da cor do leite, que se servía en cuncas de louza branca. Á primeira cita convocada dende a Tenencia de Alcaldía acudiron todos os representantes das poucas asociacións (estabamos no comezo da democracia e aínda a sociedade se estaba vertebrando) e os membros mais representativos do que daquela se denominaban forzas vivas.

A Asociación de Veciños, a Asociación Cultural Dorna, a Asociación de Pais de Alumnos, o Pósito, en representación dos mariñeiros, tamén había representación dos productores de mexillón, dos comerciantes, dos fabricantes e ¿como non?: os sobreviventes da primeira comisión “Pro Puente”da que xa teño falado. Como non teño constancia de que ninguén se queixara por discriminación, podo dicir que estabamos todos os que tiñamos que estar reunidos arredor da mesa familiar do reservado do bar Ribeirán.

Ó remate a comisión non era máis que un cabo polo que tiraban os cinco mil veciños da Illa (os seis mil presos como dicía o reclamo, anque na realidade non chegabamos a cinco mil) arrastrando á ponte dende Madrid ata a punta do Bao. Os membros da comisión limitabámonos a controlar os esforzos e a que todos tirásemos a un tempo e na mesma dirección.

UNHA COMISIÓN DE COMISIÓNS

Aquela reunión era chocante en canto a maneiras de pensar e de enfocar o tema: Xente maior, moi escaldada por fracasos anteriores, mozos xoves que todo o vían claro e fácil e algúns, os menos, que pensabamos que a consecución do soño da ponte pasaba por un traballo serio, pensado e ben organizado. Despois de escoitar exposicións e tamén disquisicións, temperouse o debate e pasouse a valorar o que podíamos facer:

Para empezar había que conseguir diñeiro, pois o Concello estaba en bancarrota e polo propio orgullo do pobo da Arousa, que non quería que os de Vilanova nos puidesen botar na cara que viaxabamos e montabamos festas co diñeiro do Concello, decidimos crear un equipo que se encargase de arranxar diñeiro de forma digna e simpática e que o mesmo tempo axudase a publicitar a causa. Este equipo denominouse a comisión económica. Esta comisión recadou coa venta de rifas, pegatinas, bolsos, gorros, cerámica popular e consumicións na cantina da festa, máis de dous millóns de pesetas daquela época, que deron e sobraron para todas as actividades.

Tamén había que conseguir apoios políticos, pois era preciso que non se producisen fisuras entre os grupos políticos locais e presentarnos coma un bloque diante da administración. Por iso dentro de esta comisión escolléronse ós representantes dos principais partidos e a persoas de relevancia na localidade.

Esta representación é a que se entrevista en dúas ocasións co Ministro de obras públicas e que goza do visto e prace do deputado JCursivaosé Antonio Gago Lorenzo ( que asinou co máis tarde ministro de Obras públicas, Sancho Rof, unha interpelación ó Goberno solicitando a construcción perentoria da Ponte). Foron cinco membros desta comisión os que lle escoitaron ó Ministro aquela orixinal forma de dicir que si, que teríamos ponte, cando lle mostraron a interpelación pedindo a ponte que el mesmo asinara sendo deputado: “Me habeis pillado por los huevos”

De todas maneiras o máis importante era crear na opinión pública a sensación de que a nosa reivindicación era xusta e sentida por todos os pobos da comarca. Para iso creouse unha comisión de propaganda que conseguiu que durante aquel verán do ’79 a Ponte da Illa e as actividades que se desenvolveron en torno a esa reivindicación, empezando polo slogan “A ponte unha chave para seis mil presos” que se popularizou en todas partes, pois en aquel verán non saía ninguén da Arousa sen portar unha prenda co reclamo. Os medios de comunicación tanto de Galicia como do resto do estado fixéronse eco da perentoria necesidade que tiña a Illa de unha ponte..

Esta comisión formada maioritariamente pola mocidade que se integraba na Asociación Cultural Dorna foi a verdadeira alma da campaña: Aportaban ideas e traballaban organizando actos, pintando os muros, visitando xornais e xornalistas, entrevistándose con xente da cultura e do espectáculo...

A FESTA DA PONTE

o

  • O Grupo Milladoiro compuxo para a festa a peza Polca da Arousa

O domingo día 29 de Xullo de 1.979, desde moi cedo o peirao de Vilanova está cheo de xente que se arremuíña en torno as dúas motoras e o transbordador (A Barcaza) para ver de conseguir descubrir a Illa de Arousa. Máis de seis mil persoas chegaron ó Cabodeiro procedentes dos máis distintos pobos e aldeas de toda Galicia. A maioría era a primeira vez que pisaban a cuberta de un barco. ¿Cal era o motivo deste singular cruceiro? A eficacia dun slogan e un programa de festexos que convocaba os principais grupos de folk e rock de Galicia. Dende as nove e media da mañá ata altas horas da madrugada houbo festa rachada no recinto do Colexio Público. A esta festa tamén asistiron as principais autoridades políticas de Galicia: O secretario da incipiente Xunta de Galicia, o gobernador Civil, o Delegado de Obras Públicas, varios deputados, todos os alcaldes da comarca, coa excepción do de Cesures, que se foi cabreado porque un policía local o tratou de malos modos cando intentaba o imposible de conseguir, un sitio para aparcar en Vilanova...

Colocación primeira pedra, tres anos despois

11 comentarios:

Na Arousa dijo...

1ª parte.

Non deixa de ser curioso ver como daquela, un deputado da ucd séntese comprometido polas cousas que apoiou con anterioridade a ser ministro. Grazas a eso e fundamentalmente ó traballo de todos os que estaban na comisión, encabezados por tí, as cousas como son, 6 anos despois abreuse a ponte. Todo un record. Si o comparamos coas promesas das autovías ou do ave, a ponte foi realidade moi rápido.

Dille tí hoxe a un político que ten que cumplir pola tarde o que dixo pola mañán. Dalle a risa. Sexa do partido que sexa. Reflexo da sociedade actual, onde a palabra ten o valor que ten, secar a lingua para poder beber outra taza de viño. Saúde.

Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Na Arousa dijo...

2ª parte

"Para empezar había que conseguir diñeiro, pois o Concello estaba en bancarrota e polo propio orgullo do pobo da Arousa, que non quería que os de Vilanova nos puidesen botar na cara que viaxabamos e montabamos festas co diñeiro do Concello"

Quere esto decir que para xestionar unha infraestructura no Concello do que ti eras Alcalde, os gastos tíñanos que sufragar os veciños da Arousa. Este erro repiteuse nalgunha ocasión máis durante os distintos gobernos do psoé. Para min este comportamento denota complexo e falta de capacidade política.

Na Arousa dijo...

3ª parte.

Efectivamente as comisións na Arousa sairon triunfantes casi sempre. A ponte, a lus, o teléfono, o médico... e claro, tamén a do Concello de seu. Aquí tamén calculaches mal, a nuve de verán, á segunda, e grazas a outro alcalde, que tamén o hai que decir, Manolo Dios, convirteuse nunha multitude que camiñou ata vilanova e hoxe temos Concello. Empezamos.

sito vazquez dijo...

Para Na Arousa:
Disculpa, pero quero matizar algunhas das túas opinións:
Nunca tivemos nengún tipo de complexo. Na política o que te acomplexa e a falta de apoios. A maioría dos concellais non eran da Arousa, polo tanto había que negociar para sacar adiante as propostas. Quixera conseguir máis cousas, un político nunca debera ser conformista, mália non me queixo.
En canto a Segregación, quero informarte de que no ano 1980 recolléronse máis de duas mil fotocopias do DNI. de apoio (alugamos unha fotocopiadora que colocamos no Bar Campiño) e presentámolas xunto coa solicitude ó Pleno do Concello, que aprobou o texto da segregación con un único voto en contra ó de Andrés Vidal, que cando a Secretaria do Concello dixo que o acordo non tiña efecto pois a lei de Réxime Local (daquela)non permítía a segregación no caso de que non houbese unanimidade. En este punto o concelleiro discrepante pronunciou unha frase para os anales da democracia: "Así debería ser sempre".
Da parafernalia que se montou noutros momentos non teño nada que dicir. Só que para mín as cousa había que facelas de outra maneira.
Conseguiuse o fín. Todos contentos.

Na Arousa dijo...

Aquí é donde a cagas. Nas primeiras eleccións municipais contaches co maior número de concelleiros da Arousa que houbo nunca no Concello de Vilanova, en concreto 8, dos cales 6 eran da Agrupación Municipal Democrática Galega, lista que ti encabezabas, sendo ademáis exclusiva da Arousa.

Pasácheste ó psoé e sacáchedes 5 da Arousa, máis Chiquita en UID e a partires de aí elección tras elección a Arousa foi perdendo concelleiros.

Polo tanto a falta de respaldo que dis, non era tal, así o demostrou a Arousa volcándose unanimemente no proceso. E ademáis, ti sacaches adiante proxectos con infinito rechazo veciñal, e fixéronse, polo que che felicito.

O que dis da segregación, da secretaria e da lexislación é absolutamente falso. Ainda estamos esperando polo informe aquel que negaba a viavilidade económica do Concello da Arousa. Xa ten 12 anos, e a débeda acumulada ven en gran medida da túa época. En canto á lexislación ti sabes que existían varias vias, e que finalmente a que tr¡unfou foi a veciñal.

En concreto en xaneiro de 1980 o que se presenta no Concello de Vilanova son 1150 asinamentos, non máis de 2000 como ti dis. Ademáis esa foi a posición do psoé durante todo o proceso, por moito que hoxe algún sexa veciño noso, non esquecemos as súas críticas ó proceso. Afortunadamente non todo o psoé da Arousa pensaba igual e a marea era imparable. A maioría da xente do psoé e da executiva participou activamente no proceso, moitos deles, estou convencido, porque creian de verdade no obxectivo.

Para non acabar esto con tan mal sabor, penso que foches un bo alcalde, con logros que para min só se poden comparar coa consecución do concello de seu. Pero tamén che teño que decir que algunhas cousas túas descolócanme. Saúde.

Xa vexo que che "mola" dar caña. Adiante, non te achiques.
Hai unha cousa que eu valoro sobre todas as demáis. É o rigor. Por iso hei de felicitarte por toda a información certa que aportas. Tamén recibes os meus parabéns ata no que me corrixes. Pois é verdade que as sinaturas presentadas no concello co aval da fotocapia do D.N.I, non chegaba a 1.200.O pé de mil foron rexeitadas por carecer deste requisito. De aí ven o meu erro.
Eu no posible,( dentro das miñas limitacións, pois escribo de memoria)tamén trato de ser riguroso.
Non me importa en absoluto a túa valoración nin a de ninguén sobre a miña xestión como Alcalde de Vilanova. Chégame co meu convencimento de que traballei con toda a vontade e sensibilidade para os problemas e con total honradez.
No nome de ese rigor pola verdade que presuntamente nos une, teño que dicirche que te leas a "Ley de Régimen Local" de 17 de xuño de 1955 (Vixente ata a nova "Ley 7/85 Reguladora de las Bases del Régimen Local" que no artigo 13 dispón:
1." La creación o supresión de municipios, así como la alteración de términos municipales, se regularán por la legislación de las comunidades autónomas sobre régimen local, sin que la alteración de términos municipales pueda suponer, en ningún caso, modificación de los límites provinciales. Requerirán en todo caso audiencia de los municipios interesados y dictamen del Consejo de Estado o del órgano consultivo superior de los Consejos de Gobierno de las comunidades autónomas, si existiere. Simultáneamente a la petición de este dictamen se dará conocimiento a la Administración General del Estado".
No ano 1980, rexiámonos por unha lei que só permitía iniciar os trámites co acordo unánime de todos os membros da corporación municipal.

Respondendo a miña falta de protagonismo en algo que para ser "riguroso" deberei poñerme vermello e admitir que comecei, débese a que cando me vou, voume. E dicir, fecho a porta e tiro a chave. (Si queres máis información sobre o tema, encantado de darcha en privado,sería bon para esclarecer algúns dos teus pre-xuizos).

Na Arousa dijo...

Está ben, pero non me fagas trampa. Foches alcalde ata o 89.

Mira o que decía a Lei 40/81 de medidas sobre el régimen jurídico de las corporaciones locales

Art.3
Uno. Será necesario el voto favorable ...en todo caso, de la mayoría absoluta legal de miembros de la corporación, para la validez de los acuerdos que se adopten sobre las siguientes materias:
a) Fusión, agregación o segregación de municipios y supresión de entidades
locales menores.