lunes, 27 de julio de 2009

A FESTA DA PONTE





DOMINGO 27 DE XULLO DE 1979:
O mencer sopla unha brisiña do noroeste. O ceo está limpo. A festa vai ser un éxito. Sabiamos que ía concurrir moita xente. Só o mal tempo nos podía "aguar" a festa. Todo estaba organizado, máis de cen persoas encargábanse de que as diversas actividades incluídas no programa
estivesen a punto, no seu momento. Os días anteriores, e esa mesma mañán, todo o pobo estivo involucrado na posta a punto de todas as actividades que tiñan encomendadas ou que voluntariamente asumiron, nun afán de colaboración solidaria.




Programa de actos da Festa (arriba).



A dereita: resume das contas da Festa, presentado polo tesoureiro, Fernando Milleiro.









A Festa da Ponte é destacada nos medios de comunicación sobre as demáis que se celebran na mesma data na comarca ( Faro de Vigo 27/07/2009)





O Alcalde de Cesures non encontra onde aparcar













Na semana seguinte os medios de comunicación comentan o éxito da festa.




O ministro de Obras Públicas e urbanismo, confirma o mesmo tempo a adxudicación do proxecto informativo.



















Mais fotografías en:www.facebook.com/album.php?aid=17237&id=1694091250&saved


7 comentarios:

Na Arousa dijo...

Só cabe felicitar a todos os que fixéstedes posible que a ponte existise. Algúns hoxe critican que se vaian invertir 14 millóns de euros no mantemento e posta ó día de dita infraestructura. É a peor dereita de toda a vida a que hoxe goberna na Xunta.

Contaba Manuel Rivas da diferencia entre a dereita de Fraga e os de agora. A Fraga cando o pillaban en pelotas o que facía era tapar os collóns, os de agora tapan a cara. Por eso daquela vos dixeron "me teneis cogido por los huevos".

Grazas de novo polo traballo ben feito. Non se pode prescindir de xente que acadou logros que hoxe serían impensables. Extrano mundo este no que vivimos que agocha á súa mellor xente.

Anónimo dijo...

Quixera felicitar ao fillo de Manolo Rivas polo seu gran papel na serie El Internado. Tamén a D. Manuel por agochar os xenitais, outros non poderían facer o mesmo xa que primeiro hai que telos.

Na Arousa dijo...

Canto tempo peperito, qué foi da túa vida?, estiveches de vacacións ou facendo algunha sustitución nalgunha administración amiga?.

Non entendes nada, non nos entendes non. Non ves que é unha metáfora, que coller a un en pelotas non quere decir que o collas espido. Si che hai que explicar as cousas, perden a graza.

Anónimo dijo...

Sempre é un pracer saudarvos ós dous, pero o de Sito non ten perdón, mira que non decirme quen é o autor da imaxe de San Pedro. Ós que nos gusta a arte non se nos pode deixar sen respostar.
En canto á túa pregunta direiche que, cando pases co barco pola banda do sur, saúdame sempre.

sito vazquez dijo...

A UCD, que foi o partido do goberno que aprobou a realización da ponte, era un partido de centro dereita moderado que agrupou a antifranquistas de dereitas moderados e franquistas reformistas e outros oportunistas. Foi un partido clave na transición. O partido de Fraga era AP (actual PP)e estaba formado básicamente por franquistas con certo pedigrí de intelectuais. A desfeita da UCD facilitoulle a victoria a AP en Galicia, que foi o bautizo deste partido nas tarefas de goberno. Fraga cando gobernou en Galicia, adaptou o seu programa a idiosincrasia galega,mesmo aprendeu a falar galego, lingua que sendo ministro franquista persiguiu. Este populismo deulle resultado e moderou os seus posicionamentos en cuestións de competencias autonómicas e autogoberno.

sito vazquez dijo...

Para Pepito:
Disculpa por non haberche correspondido a demanda da autoría do cuadro que representa a san Pedro.
Con todas as reservas (as fontes non son totalmente fiables), creo que se trata de un cuadro pintado para un templo de unha misión (reduccións dos xesuítas) no Norte da Arxentina, na linde con Paraguai, por un xesuita español inspirado artísticamente na escola sevillana.
Por outra banda demostrareiche con documenos que o PP (Alianza Popular, daquela) quixo abortar o acordo da construcción da Ponte, cando asumiu as compencias de obras públicas, o Conselleiro Mario Carreño.

Na Arousa dijo...

Que bon Sito. Canta falta fai a luz. Lembras "O sol xa saleu". Pois parece que hai uns nubarróns na boca da ría que meten medo. Agradézoche que recordes e lembres moitas cousas que aconteceron e que moita xente non viveu ou non quer lembrar.