jueves, 15 de mayo de 2008

A XERACION DE ESCORPIO73 ANDA NOS 50 ANOS

Chamaronse así porque a maioría pertencía a este signo zodiacal

Tiñan arredor de 15 anos, eran todos mozotes, que tiñan feito estudios primarios na Escola Pública Torre-Illa, que anque se chamaba así, non se encontraba no lugar da Torre, que se ubicaba no Tallo (Cabodeiro).

No ano 1973 acabaran os estudios de Primaria e tiñan necesidade de seguir relacionándose entre sí. A música era a afición que con maior forza os unía, pero tamén libros e xogos.

No verán de ese mesmo ano fundaron a Asociación cultural e deportiva Scorpio73.

En principio eran todos homes, anque máis tarde vanse a unir varias rapazas. Esta xeración
marcou o futuro social da Illa de Arousa.
Esta foi a primeira asociación predemocrática da Illa de Arousa e predecesora da "ASOCIACIÓN CULTURAL DORNA".

Esta xeneración vai ser protagonista dos importantes  movementos sociais producidos na Illa de Arousa nas décadas dos oitenta e do noventa, que mudaron substancialmente a Illa de Arousa e tiveron unha gran influencia en ambalas bandas da Ría

domingo, 20 de abril de 2008

MESTRE MATEO, PREMIO O MELLOR DOCUMENTAL PARA UN AROUSAN


A Academia Galega do Audiovisual acaba de conceder os premios MESTRE MATEO correspondentes ó ano 2.007. No apartado Premio ó mellor documental, recibiu o galardón a curtometraxe "Historia dunha Parroquia", dirixida por MARCOS NINE BUA

Marcos Nine Bua é un xoven arousán, nacido na Illa no ano 1977 , que con só trinta anos ten adquirido un recoñecido prestixio no campo audiovisual, como director e guionista de decumentais. Co "curto" "Historia dunha parroquia", acadou o premio ó mellor documental, galardonado co Mestre Mateo, que lle foi entregado o martes día 15 de abril.

  1. Marcos ten realizados varios traballos entre os que destacan:


  1. Guión, Dirección e Montaxe do documental “Historia dunha parroquia” para Bren Entertaiment. 2007
Guión do Spot “Comarcas de Muros e Noia” para Saga Tv. 2006
    Guión do Spot “Compostela capital de compras I e II” para Saga Tv. 2005-2006
      Dirección do videoclip “Xénese” do grupo Dios ke te Crew para I.B. Cinema. 2006
        Guión, Dirección e Montaxe do documental “Pensando en Soledad” para I.B. Cinema.2006
          Guión, Dirección e Montaxe da curtametraxe documental “Jedn” para I.B.Cinema.2006
            Guión da curtametraxe “Buenos Días”.de Dani de la Torre. 2006
              Guionista de Terra de Miranda para Voz Audiovisual. 2002-2005
                Guionista de “As leis de Celavella” para Voz Audiovisual. 2005
                  Edición de guión e Axudante de producción da curtametraxe “Mártires” para I.B. Cinema. 2004
                    Guión, Dirección e Montaxe do documental “Carcamáns” para I.B. Cinema. 2003
                      Guionista de Mareas Vivas para NTR.2001-2002
                        Axudante de producción da cutametraxe “O trasto” para Lorelei Producciones. 2001
                          Guión de “Así é Miranda II” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
                            Guión de “Así é Miranda” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
                            1. Guión de “Así se fixo Mareas Vivas 8” (Making of da serie Mareas Vivas) 2001
                            2. Axudante de produción da curtametraxe “Toda clase de pieles” para Zapata Pc . 2000
                              Desde este recuncho da illa sentímonos moi orgullosos dos seus éxitos, que temén consideramos que son algo nosos.
                                ¡Parabéns, Marcos! e a seguir recollendo galardóns, que os mereces.



                                Email: mailto:marcosnine@gmail.com

                                lunes, 17 de marzo de 2008

                                A AVOA BLOGUEIRA



                                "A mis 95 años" é o blog de María Amelia López, a avoa blogueira, que con máis de un millón de visitas convertiuse no blog máis visitado da internet.

                                María Amelia é natural de Muxía, a vila mariñeira da costa de Morte, que se fixo internacionalmente coñecida por mor do lamentabel afundimento do "Prestige".

                                Actualmente é veciña de Cambados, onde vive con un neto que foi quen lle ofreceu a páxina na que se aloxa o seu blog no día en que facía os 95 anos.

                                Unha doctora, coñecida e amiga, é a súa médica de cabeceira. Esta doctora foi a que me contou a anécdota que lle aconteceu no derradeiro nadal.

                                Por estas datas festeiras as consultas sempre están máis solicitadas que habitualmente, por iso a miña amiga doctora, cando veu a María Amelia entre as máis de dúas ducias de doentes que esperaban ser atendidos, sentiuse anguriada, pois, anque -en palabras da doctora- Amelia lle "caía ben" , ese non era o día para perder tempo coas sempre simpáticas conversas de Amelia.

                                Así que estaba decidida a non perder moito tempo con ela.

                                O fin chegoulle o turno a María Amelia que como sempre acudiu do brazo de unha xove acompañante negra.

                                O diálogo que segue correu en castelán:


                                -Buenos días, doctora.

                                -Buenos días Amelia, ¿que te trae por aquí?

                                -Los achaques de siempre.

                                -¿Nada nuevo?

                                -Es que acabo de cumplir los 96 y como ya hacía tiempo que no la visitaba...

                                -Es cierto que ya hace tiempo que no te veía por la consulta. Pero eso es bueno ¿no?

                                -Verá, doctora, es que últimamente he estado muy ocupada...

                                -¿Si?

                                -Sí, señora, es que soi bloguera y le dedico mucho tiempo y me olvido hasta de comer.


                                A doctora, de mediana idade, non sabía máis que o elemental de informática e moi pouco da internet; por iso descoñecía a existencia dos blogs personais. Así que confundiu o termo bloguera con bloquera (Militante do Bloque Nacionalista Galego).


                                -¡A tus años! Te dedicas a trabajar para el "Bloque".

                                -Para el blog.

                                -Ya. Es decir, que eres una militante activista del BNG.

                                -No, mujeriña, yo soy socialista y escribo en un blog en internet.

                                -¿...?

                                A doctora xa se informou e sabe o que é un blog e todos os que lemos ás súas páxinas tamen sabemos que María Amelia é socialista. Por iso non creo desvelar nengún segredo profesional.

                                jueves, 9 de agosto de 2007

                                FLORA (E FAUNA) INTERMAREAL EN CARREIRON

                                O PARQUE




                                O Parque Natural de Carreirón ubícase no S.O. da Illa de Arousa, formando unha península unida o resto da Illa por o vao das Salinas.


                                Forma parte do complexo intermareal da desembocadura do río Umia


                                Trátase dunha zona humida protexida polo Convenio Ramsar incluída na Rede Natura da Unión Europea.
















                                Sobre este Parque Natural fixéronse varios traballos interesanates , dous deles foron galardonados:

                                O primeiro deles foi realizado por un colectivo de profesores do Colexio

                                Público de Primaria da Illa de Arousa arredor de 1990, que obtivo o segundo premio da Fundación Rodríguez de la Fuente.

                                O segundo feito mais recentemente por profesores e alunos do Instituto de Ensino Medio de Vilanova de Arousa, baixo a dirección de un arousán e amigo, Vicente Poza, que conseguiu o premio Voz Natura no ano 1998. (Para unha maior información sobre este parque existen varias webs, destacando por a información contrastada a do Instituto de Vilanova de Arousa: usuarios.lycos.es/carcamans/


                                A FAUNA:

                                Este Complexo intermareal ten unha especial importancia pola singularidade e diversidade da súa fauna aviar e piscícola, facilitada por a mistura das augas doces do río Umia coas de baixa salinidade da ría de Arousa debilitada esta polas aportacións do río Ulla e polo empuxe mareal do océano Atlántico, constituíndo un espacio practicamente único, que facilita a supervivencia de especies pouco coñecidas ou pouco extendidas.



                                FAUNA AVIAR

                                A ensenada que cerran a illa de Arousa e a península do Grove acolle durante o inverno o pe de 15.000 aves marinas e comúns da zona: Paíños, mascatos, Araos (común e dos cons) , corvos mariños (real e cristado), garzas e garzotas, espátulas, alabancos (real e parrulo pentumeiro) mergo común e mergotrullo, miñatos (común e lagarteiro), paspallás, píllaras (real e papuda), píldoras (cincenta, dourada e raiada), pilros (bulebule, groso, curlivico), pilriños, biluricos ( común e bailón) , liorteiros, mazaricos (curlí ou real e galego), agullas colipintas, becacinas, papamerdas (palanquín e real), gaivotas (escura e chorona), gaivotóns, carráns (cristado e común), pirrís, pombos, rulas, cucos, coruxas, mouchos, avenoiteiras, vencellos, martiños peixeiros, bubelas, petos, cotovías, labercas, anduriñas, picas dos prados, lavandeiras (branca, real e parda), azulentas, picaxuncos, lirios marelos, papuxas (común, das amoras, dos montes), picafollas, papamoscas negro, chascos, xílgaros, verderolos, pardillos, xirins, gorrións (orelleiro e pardal), estorniños (pinto e negro), pedreiros, curroxos, paporoibos, merlos, tordos, ferreiriños (bacachís, común e abelleiro), carrizos, escribideiras, pegas rabilongas, corvos (carnazal e viaraz), etc.


                                PARQUE DE CARREIRON

                                O suroeste da Illa de Arousa conforma unha península, que se coñece co nome de Carreirón (Parque natural de Carreirón).

                                Esta península consolidada por media ducia de grandes cons que provocaron a formación de dunas que posteriormente se cubriron de vexetación, creando un humidal con unha rica flora intermareal, recoñecida internacionalmente no Plan RAMSAR.

                                Na presente fotografía podemos ver o sempre suxerente esquelete de un barco varado sobre a variada vexetación que na mallante da pleamar é mariña, para converterse en terrestre no devalar da marea.

                                Sobre este espacio natural realizáronse dous interesantísimos traballos:
                                O primeiro a principios dos anos noventa realizado por profesores do Colexio Público de Torre-Illa, que foi galardonado co Premio Ródríguez de la Fuente.
                                O segundo realizado por profesores do IES de Vilanova de Arousa, baixo a dirección do Arousán Vicente Poza, que gañou o primeiro premio Voz Natura 1998

                                miércoles, 8 de agosto de 2007

                                CONXUNTOS ROCHOSOS


                                Inicio rochoso da punta Barbafeita conformada por dous tipos de granito de cores gris-ocre e vermello

                                martes, 7 de agosto de 2007

                                lunes, 6 de agosto de 2007



                                Punta Cabalo onde se encontra o Faro cerra polo norte a praia ensenada da Área da Secada. Esta praia orietada ó poente e unha das máis apreciadas por a vexetación de piñeiros que cobren as dunas domesticadas pola acción humana (ainda fican dunas activas) e pola profundidade que alcanzan as augas. A ensenada cérrase polo sur coa punta Barbafeita, onde se encontra o "Con de Tres Pes". Durante trinta anos nesta praia ubicouse o CINA (Centro Internacional de Navegación a Vela)

                                jueves, 12 de julio de 2007

                                Con de Tres Pés


                                O Con de Tres pes e a rocha que conforma a punta Barbafeita cuberta de dourados liques durante o inverno

                                Blogger: día a día - Administrar entradas

                                Blogger: día a día - Administrar entradas: "O con de tres pés e unha enorme rocha pendurada sobre a punta Barbafeita que apunta o noroeste. O cón semella estar en equilibrio inestabel e en cada estación do ano adoita unha cor distinta. A cor que ten agora corresponde ó inverno que é cando os liques se volven amarelos "

                                Blogger: día a día - Administrar entradas

                                Blogger: día a día - Administrar entradas

                                martes, 10 de julio de 2007

                                CON DE TRES PES



                                O Con de Tres Pés e unha enorme rocha pendurada sobre a punta Barbafeita que apunta o noroeste. O con semella estar en equilibrio inestabel e en cada estación do ano adoita unha cor distinta. A cor que ten agora corresponde ó inverno que é cando os liques se volven amarelos

                                A Illa de Arousa unida pola ponte o continente

                                martes, 3 de julio de 2007

                                DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS

                                Este blog ábrese coa intención declarada de ser un diario pretendidamente personal de un xubilado que desde a experiencia que dan os anos tratará de entender o presente e de proxectar o futuro, baseándose nas múltiples e frecuentemente contradictorias realidades que cada mencer nos depara.