O meu nome é Sito, estou xubilado, moro na Illa de Arousa (Galicia-España). Máis que aficcións teño nostalxias e asignaturas sen aprobar. Nesta páxina pretendo reflectir o presente desde a saudade do pasado.
jueves, 7 de julio de 2011
CONCELLO DE AROUSA, XA.
Cada vez son menos os veciños dunha banda ou da outra da ría que se refiren a nós como da Arousa. Somos da Illa.
De que illa?.
Para os de Bueu os da Illa son os de Ons, para os de Cádiz os de San Fernado, para os de Carril eran os de Cortegada (antes de regalarlla á Coroa).
Desde a Malveira ate Groenlandia todas as illas ademáis de selo teñen un nome, que é o seu propio.
Isto preocúpame. Pero preocúpame máis cando somos nos mesmos, os veciños da Arousa os que collemos o todo pola parte e referímonos o noso territorio como a Illa.
"Son da Illa"
"Xa hai tempo que non te vexo pola Illa".
Estas ou outras frases parecidas son normais na mocidade e cada vez máis habituais nos maiores.
En pouco tempo Arousa pasará a ser un adorno da ILLA, que será o nome que se impoña.
Xa teño escrito en varias ocasións sobre o tema (A ILLA QUE PERDEU O NOME e CONCELLO DE AROUSA). Hoxe quería ir un paso máis alá.
Por iso promovo a solicitude ó Alcalde de un Pleno para que o concello pase a denominarse oficialmente Concello de AROUSA.
Si estás de acordo cubre a solicitude que figura na cabeceira de esta páxina e envíaa a esta dirección de correo alcaldia@ailladearousa.es
Gracias.
Entre todos podemos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
13 comentarios:
pois pareseme unha idea xenial, a verdade e que illas ai moitas pero arousa so ai unha ;)
Cando estudaba en Vigo, alá polos anos 60 do pasado século, recibía cartas dos meus amigos poñendo no sobre soamente os dato "Juan Vicente - A Arousa".
Agora que estamos tan informatizados e tecnificados, probade a mandar unha carta desde Vigo poñendo os datos completos: nome e apelidos, Rúa e número e ao final "Illa". Dubido moito que chegue se non incluídes ademáis o código postal para deixar claro de que vai dirixida á "Illa sen nome".
Tódalas illas, por pequenas que sexan, incluso o máis insignificante cón no medio do mar, teñen nome. A antiga illa de Arousa perdeu o nome cando deixou de ser illa para converterse nunha península artificial unida ao continente por unha ponte.
Creo que na xente dominou o desexo de manter, a pesares de todo, a idea de insularidade e nos esquecemos de que esa illa tivo, noutros tempos, un nome propio como calquera outra das illas do noso propio concello (Areoso, Xidoiros, Galiñeiro, ...).
Creo que aínda estamos a tempo de evitar converternos na primeira illa sen nome da historia da humanidade.
Bueno, tamén nos podemos conformar co nome "A illa da Illa", que parece ser o rumbo que leva o asunto.
Acábome de acordar doutra anécdota. No servicio militar obrigatorio, os sarxentos tiñan por costume chamar aos reclutas polo nome do seu pobo: os de Cambados chamábanse todos Cambados, os de Corón chamábanse Corón. ¿Sabedes como lle chamaban aos da Illa?
Os que foron á mili sábeno. Preguntádello. Eu fun, pero non recordo que me chamaran Illa. Xa esquecín como me chamaban. Paréceme que estou perdendo a identidade territorial.
Pra Gabi (Ó autor do comentario suprimido).
No teu comentario dicías que cando dis que eres da Arousa, pensan que eres de Vilagarcía (suposto que evidentemente a ti non che gusta-ti mesmo o manifestas). A túa resposta debería ser: "son da Arousa, unha illa que lle dou o nome a ría de Arousa".E despois encher o peito orgulloso.
Figúrate que dixeses fora de Galicia que eres da Illa?
E che contestaran:
"De que illa"
Que responderías?
Unha que hai na ría de Arousa que perdeu o nome?.
Gracias,Gabi, polo comentario.
Acabo de abrir o correo e encóntrome con tres e-mail´s, de amigos de Vilagarcía, que resumindo veñen a dicir, con matices, que esta iniciativa si prospera significaría que o xentilicio de Arousa que leva Vilagarcía como distinivo diferenciador, débello a nosa illa. Evidentemente, Arousa doulle o nome a Ría. Vilagarcía tomouno da Ría para esquecerse do fundacional que era Vilagarcía de Caamaño.
Vai por ese feito Vilagarcía ser máis ou menos importante?.
Creo que é un síntoma máis dun fenómeno de maior amplitude e efectos demoledores: a castelanización da nosa cultura. Explícome.
"A Illa" non é máis que a tradución do "topónimo" que se adoita usarse en castelán. Cando alguén fala nesta lingua di: "Voy a la Isla".
Pois iso... O feito de que agora se estea a traducir do castelán ata o propio nome do lugar dános a medida de ata onde chega esta nosa mansa asimilación.
Boa iniciativa. Parabéns, Sito!
.
É bastante común que aos fillos lles chamen coma aos pais, aínda que o seu nome non sexa o mesmo. Dille o maior ao neno "Antoniño que fas?" e o neno contéstalle "non me chamo Antoniño, son Xurxo". Pois iso, cando un di que é da Arousa e lle din, de Vilagarcía?, un explica e precisa un pouco máis cal é a súa vila, e segundo o contexto ata podes dicir que es do Charco ou do Monte, igual que moitas veces terás que dicir que es de Galicia ou Pontevedra, ou se me apuras só de España, e incluso a algúns teraslle que explicar que España é una país ao sur de Europa. É dicir, cando nos identificamos acudimos a referentes que poidan coñecer os distintos interlocutores, máis cada cousa ten o seu nome, e o da nosa vila é Arousa.
Xa o contei unha vez neste blog, pero vouno repetir. Un día collia eu o autobús no Rio do Con. Ata tiñan un cartel ben cutre, un cacho de cartón pintado á presa cun bolígrafo azul no que poñía "isla", e que colocaban no parabrisas. Subo, e dígolle ao chofer, un billete para a Arousa. O fulano sen mirar para min di: Parousa, parousa... será paisla. E claro, respondinlle, pois déame un billete para a isla... de sálvora. Cobroume sen mirar e non dixo máis nada.
NOTICIA SACADA DE ATLANTICO DIARIO (12-07-2011)
MORRAZO
"Meira consolida una feria Arte na Illa muy variada
La autora de Dragal I y II, Elena Gallego, pronunció el pregón
Compartir en: Facebook Twitter Menéame Chuza! J.LUIS MARTÍNEZ - MOAÑA - 16-05-2011
El calendario anual de fiestas de Moaña tiene otra ya consolidada, como quedó demostrado ayer con la séptima edición la feria tradicional Arte na Illa, que tiene por escenario la que fuera Isla de Samertolameu, en el entorno del puerto de Meira. Variados puestos y una excelente asistencia de público durante todo el día, evidenciaron la buena acogida que tiene la 'feira' que organiza por mayo la asociación cultural Meiramar-Axóuxeres, que tuvo por pregonera a la periodista y autora de 'Dragal I y II. A herdanza do dragón', Elena Gallego Abad".
Como podedes ver para os de Moaña a illa e outra.
eu nunca digo que son da arousa nin da illa,salvo cando falo con xente que sabe donde esta a arousa, sinon da illa de arousa e inda asi como che dixen a xente se equvoca.amin eso de arousa soname a toda a ria non a un municipio en concreto pero bueno cada un ten a sua opinion. eu polo que teño entendido este tema xa o quixo levar a cabo unha persona que xa non esta entre nos e que era un estudioso da arousa e da sua historia.de feito unha sobriña miña fixo un traballo en exb por medio de esta persona nun colegio de fora da arousa xa ai 20 anos e inda hoxe esta esposto en ese centro
Pois canto máis vai máis de acordo estou. Creo que é moi boa idea.
Eu traballo en Ferrol,ninguen é perfecto,e leendo os vosos comentarios lembreime dunha cousa que pasou onte.
Chegoume un compañeiro e dixo: "Olle Arousa i luego por alli,por la isla,me entiendes,que puedo ir a ver?...
Quitade as vosas conclusions,unha aperta Arousans,dun Arousan
Publicar un comentario