sábado, 11 de junio de 2011

REPÍTESE O CONTO: Carapuchiña Vermella, salvada polo leñador.


Hai contos vellos, que nunca morren e está ben de cando en vez , recordalos.
Carapuchiña Vermella era e segue sendo, pois as personaxes dos contos non medran, unha meniña inocente, crédula e obediente, que facía con ilusión e cariño os recados que lle encomendaba súa nai.
A súa aboa é unha muller rara que dorme con cofia e mora soia no medio e medio de un perigoso bosque.
Alá se dirixía, unha vez máis, Carapuchiña Vermella cantando, collendo flores ou perseguindo bolboretas da abraiante foresta; no brazo un cestiño con un ramo de rosquillas de Santa Rita que lle encargou súa nai levar á aboa.
Súa nai é unha boa muller, pero tamén inocente e insensata. Nunca vai aprender que no bosque acóchanse moitos riscos para os nenos.
O maior dos perigos represéntao o lobo.
O lobo é o lobo, o malo de todos os contos. O seu instinto natural lévao a matar e devorar.
O leñador é un home do lugar, que coñece o medio no que traballa. Cando o lobo ataca, sabe que ten que salvar a meniña, aínda que teña que matar ó lobo.

Xa van tres veces nas que o leñador salva a Carapuchiña Vermella.

Sabendo que a nai é unha boa muller e el é un home traballador e sensato, ven podían compartir o mesmo teito e así Carapuchiña cando tivese que ir a casa da aboa non correría riscos no bosque, pois o leñador, protexeríaa do “malvado lobo”.

1 comentario:

Manu dijo...

Carapuchiña vermella cumpriu 18 anos, ou 21 se o bosque é o de Yellowstone, e a verdade é que é un pouco puta (que non se me enfaden as feministas, é un conto). Seu pai sabe que non lle fai ben tapala sempre, pero non é quen de botala da casa.

O asunto é que fóra dos contos, as persoas teñen dereito a vivir con tranquilidade. Igual é tarde. Farase o que se poida para que o conto remate cun final feliz, pero a cousa estache fodida. Dicía O'Rivas que este país necesitaba un calendario de vitorias. Non teño nada claro que esta vaia ser unha delas.