Datos de las 22:27 del 22 de Mayo de 2011 Escrutado 100% Concejales a elegir en 2011: 11 Concejales elegidos en 2007: 11 | ||||||
2011 | ||||||
Total votantes | 3425 | 83,50% | ||||
Abstención | 677 | 16,50% | ||||
Votos nulos | 61 | 1,78% | ||||
Votos en blanco | 37 | 1,10% | ||||
Distribución de concejales Concejales a elegir: 11 | ||||||
Candidaturas | Votos | Concejales | ||||
PP | 1573 | 46,76% | 5 | |||
PSdG-PSOE | 1321 | 39,27% | 5 | |||
BNG | 433 | 12,87% | 1 | |||
© Ministerio del Interior - Subsecretaría Dirección General de Política Interior - 2011 | ||||||
O mal sabor de boca do despertar do día seguinte a unha festa, tamén se coñece como resaca.
Hoxe, o día despois das eleccións municipais todos os participantes da festa gañaron, pero todos se erguen co corpo molido.
O PP a piques de alcanzar a maioría absoluta non o logrou e aínda que estará moi satisfeito polos resultados, sabe que lle vai ser imposible gobernar, pois o BNG está obrigado a pactar co PSOE,
para conseguir o apoio dos socialistas en outras alcaldías onde os precisan.
O PSOE baixa por primeira vez, na Arousa do 40%, son os peores resultados da democracia para este partido; pero pode manter a Alcaldía.
O BNG consegue uns resultados similares ós do 2.007; pero agora ten a chave do goberno da illa nas mans. Posiblemente a Carlos, que non ten moita química co actual alcalde lle pida o corpo a abstención para que poida gobernar o PP, pero o partido vaille a esixir que cumpra cos pactos.
Velaí que todos teñan algo porque alegrarse pero sen lograr disipar a amargura das enxivas.
Facendo unha análise a primeira vista dos resultados, temos que preguntarnos porque un alcalde que fixo unha máis que aceptable xestión (en contadas ocasións un alcalde consegue cumprir integramente o seu programa), perde tanto apoio popular. As razóns son varias e non poden xustificarse unicamente polo efecto da marea azul. Aquí o paro é relativamente baixo (8% o máis baixo da comarca) e as medidas que afectan negativamente tanto ós mexilloeiros como ás mariscadoras foron tomadas polo goberno autonómico, é dicir, polo PP.
As razóns foron outras:
Empezarei dicindo que nos concellos pequenos os alcaldes quéimanse por pequenas cousas, como unha descortesía, unha multa “inxusta”, un agravio comparativo, un traballo “que lle deron a outro que era máis amigo”, un “solar” no que non podo edificar, etc., feitos, que no caso da Arousa lévanse a nivel familiar. Esta foi unha das razóns da abstención ou do cambio do sentido do voto de moitos votantes socialistas.
Algúns alcaldes de pequenas vilas que conseguen reiteradas maiorías (Catoira-PSOE ou Vilanova-PP) levan unha política de estar nos pequenos detalles, cerca dos veciños, atentos ás necesidades e felicitando ou dando o pésame cando corresponde, con ramo de flores incluído.
Ese distanciamento de Manel co pobo tamén lle pasou factura, pois podía amortizar os efectos dos magoados ou resentidos.
En canto o PP, hai que salientar que levando unha candidatura débil, soubo vender a moderación e a cara de boa persoa de Juan José para conseguir os mellores resultados da súa historia.
4 comentarios:
Só un par de precisións. Non vai ser fácil facer unha análise, pero cando menos tomemos os dados correctos. A resaca máis ca un mal sabor de boca o que dá é moita dor de cabeza. Agora falando en serio, dicir que o psoe cumpriu o programa é moito dicir. Non é verdade que o psoe nunca baixase do 40%, xa sen entrar en que no 95 nin se presenta na Arousa, no 99 obtén só o 38,44 unha porcentaxe máis baixa que a actual.
O bng, de momento non está obrigado a pactar con ninguén. É o bng quen o terá que decidir. O psoe necesita do bng en Vigo, Lugo, Ourense, O Grove... o pacto non é equilibrado. Nos sitios onde gobernaba o bng reforzou as maiorías absolutas ou igualou ao pp, véxase Bueu ou Pontevedra. Se o problema é o candidato do psoe, a solución tamén é ben sinxela.
Imos ver que vai pasando. Agora ben, a un revólvenselle as tripas escoitando ao menistro. Lémbrame aquela orquestra galega que fora de xira e ao vir de volta dirixíase ao público en castelán porque esquecera o galego. A este pásalle igual.
Pois teño que darche a razón unha vez máis, escapáraseme ese dado de 1999. O de 1995 non conta. En canto ós efectos da resaca, se cadra tamén sabes ti máis ca mín.
Alégrome de verte de novo por estas páxinas.
Gracias polas precisións.
Non son da Arousa nin de Vilanova, son de Santa Baia-Catoira, estou dacordo de que entre os motivos polos se queiman os alacaldes son os que ti dis.
Pero tamen afirmas que os que consiguen as maiorías (Catoira) e porque levan unha politica de estar nos pequenos detalles, cerca dos veciños, volves a levar razón pero hai mais cousas, e tanto ou mais importantes, no caso de Catoira estamos falando dun can vello, dun profesional que sabe como usar todos os recursos que ten o seu alcance ( moitos deplorables e eticamente criticables) pero usaos.
Si te acordas das primeiras eleccions democraticas, eu tamen fun un candidato e concelleiro na primeira corporación, daquela eu falaba dos métodos caciquiles dos de sempre, hoxe todo cambiou pero teño a sensación de que nos concellos pequenos hai alumnos moi avantaxados que nada lle teñen que envexar a aqueles.
Desgraciadamente,Jesús, en esto da democracia, como dicía o poeta "cualquier tiempo pasado fue mejor". Eche o que hai. En este blog limítome á política local, aínda que os contidos se poden extrapolar.
A problemática referida á comarca e, no que nos toca, a toda Galicia comentoa no blog AROUSA A DEBATE.
Gracias polo comentario.
Saúde!
Publicar un comentario