A medida que se vai achegando a data na que por proximidade das eleccións entra a prohibición de inauguracións de obras públicas por os políticos, esta actividade entra en efervescencia, os políticos multiplícanse para estar en un día en tres ou catro lugares a vez e ler as "chuletas" que lle teñen preparadas tratando de non confundilas. Semellan ter o don da ubicuidade.
Os xornais non teñen espazo para cubrir tanta demanda informativa, así que os que viaxan en clase turística figuran en lista de espera pois nas aeroliñas da información hai "overbooking" e so hai sitio para os que pagan billete de primeira clase.
Todo é inaugurable:
Esta mesma mañá o Presidente da "Generalitat" Valenciana e o seu correlixionario, o presidente da Deputación Provincial de Castellón inauguraron un aeroporto, que non ten licencia de voos, e dicir que de momento non vai a ter uso en varios meses, ou cando menos o uso para o que se destinaron máis de 150 millóns de euros. A xustificación douna o presidente da Deputación:
"...Algunos dicen que estamos locos por inaugurar un aeropuerto sin aviones. Este es un aeropuerto para personas, para Castellón, para que cualquier ciuadano que lo desee pueda visitar esta terminal o caminar por las pistas de aterrizaje..."
Na nosa Illa, na Arousa, acontece todo o contrario, temos unha estrada terminada (a tan necesaria do Chufre), e non se espera que ninguén veña a inaugurala, cando menos antes das eleccións, pois podían magoar sensibilidades que lles son proclives ós inauguradores. Velaí, que os cidadáns a utilicen para camiñar, sen que os molesten os ruídos dos coches.
Non hai mal que por ben non veña, nin mentira que cen anos dure.
No hay comentarios:
Publicar un comentario