Y todo a media luz...
Que brujo es el amor
A media luz los besos
A media luz los dos
Y todo a media luz…,
Crepúsculo interior
Que suave terciopelo
La media luz de amor.
Foto Voz de Galicia
Así acaba o popular tango, que tan ben retrata á clase media acomodada nos felices anos vinte do século pasado das ribeiras do mar da Plata.Esa media luz,de suave terciopelo, que incita ó amor,é unha luz austral, que se da no outro hemisferio.
No noso hemisferio, e nestes tempos que corren, as medias luces parece ser que se aproveitan máis para apuñalar polas costas,que para os arrumacos amorosos, anque non coñeza ningunha canción que de fe do que insinúo.
A Ponte da Illa, coma o tango, está a media luz.
Van alá case catro anos que a Xunta (no goberno do bipartito) aprobou unhas obras de mellora da Ponte. Un proxecto que mellorou as condicións de uso con paseos de bicicleta e peatonais e sobre todo as condicións estéticas, pois logrouse transformar unha obra pesada e triste en unha obra lixeira, aberta e nada chocante.
O actual goberno, obrigado a realizar estas melloras, foinas dilatando (penso eu, se cadra, erroneamente) para facer coincidir o fin coa campaña das eleccións locais previstas para o mes de maio, e vir o Conselleiro ou o Presidente co seu séquito a vendernos a herdanza que nos deixaron outros.
A ponte ten luz no occidente, que lle corresponde ó Concello de Arousa e está a escuras polo nacente, que lle corresponde o Concello de Vilanova, conforme dispuxo a Xunta nas estipulacións do trato da segregación.
O alcalde de Vilanova é un "populisto" en contra da opinión de algúns que o consideran un "popuparvo". Sosteño que é un político listo, porque foi capaz de gañar catro eleccións vendéndolle o pobo fume. En dezaseis anos de xestión non conseguiu facer un investimento semellante ó que se fixo no Concello nos difíciles anos oitenta. O Alcalde de Vilanova sabe que se gañan máis votos acudindo os enterros e festas, casamentos e bautizos e unha palmadiña no lombo dos paisanos,que pedichando polas consellerías e os ministerios. Tamén sabe que manter a vella confrontación entre Vilanova é a illa de Arousa, da votos (¡Que se fodan os da Illa!).
E agora, si se me permite un consello para o señor alcalde de Vilanova:
Estas dúas localidades cada vez están máis próximas non só pola construción da ponte, tamén o están por moitas outras relacións familiares e de amistade que a ponte xerou. Moitos vilanoveses aman a Arousa e disfrútana e outros añoran os seus logros.
Poida que esta vez o tiro lle saia pola culata.
Voz de Galicia
No hay comentarios:
Publicar un comentario