Cando collo nas mans o xornal "La Voz de Galicia" vou dereito ás páxinas de Arousa, e o primeiro que leo é o pequeno comentario,"Entre Líneas" que asina Xurxo Melchor. Esas reflexións que teñen algo de parábola e un belisco de metáfora son algo así como esas gateiras que tiñan as portas das casas de aldea, que permitían que por elas so entraran os gatos deixando ós cans ladrando fora e espantando ós ratos do interior.
Hoxe co,seu permiso, vou reproducir, un escrito sobre o recoñecemento que fai a Xunta sobre a singularidade da illa de Arousa:
Xa somos oficialmente singulares:
Que quer dicir na linguaxe da política o termo singular?
O dicionario di que singular é un adxectivo con varios significados:
Que non hai outro igual, que non ten comparación, que é moi pouco común ou habitual, que chama a atención... Todo moi lindo se ollamos desde o lado positivo.
Hai uns días que un coñecido referíndose a un parente con quen tiña des encontros e considerábao noxento e raro, para cualificalo empregou eufemisticamente o termo singular.
Non descubro nada se sosteño que unha mesma palabra pode servir para significar unha cousa ou a contraria. Depende do contexto.
E velaí a miña preocupación.
Que a Xunta chegase a descubrir esta singular pedra filosofal, non significa que nos vaia a cubrir de ouro.
Como o cualificativo non veña acompañado de verdadeiras medidas encamiñadas a manter unha singularidade positiva, este recoñecemento oficial non vale para nada.
Xa que conseguimos este recoñecemento, esixámoslle ás autoridades que o enchan de contidos.
No caso contrario, se cadra, pódese aproveitar para unha campaña promocional semellante a aquela tan costosa como pouco fructifera de Galicia calidade substituíndoa por
Arousa, singularidade.
2 comentarios:
Totalmente de acordo contigo Sito,a palabra no seu contido e unha arma de dobre filo,debemos esixir un trato singular,sen duda,pero para "eles"a conexion politica non e a que eles soñan,pero e a que a maioria desexamos.unha aperta.
Para Orgullosodailla,
Benvido como comentarista,espero que ainda que non sempre coincidamos, os teus comentarios nos axuden a reflexionar sobre o que interesa a Arousa.
Publicar un comentario