Vista de Albarracín, na serra a que lle da o nome
Durante o último mes estiven fóra. Crucei a península en sentido contrario ó camiño do sol. Viaxei desde as eleccións xerais e autárquicas de Portugal as corrupcións xerais e autárquicas da Comunidade Valenciana, parando nas serras de Albarracín e Serranía de Cuenca na procura de cogomelos, que por certo, obviaron a xentileza de presentarse. De volta, cando entrei na Arousa vin que todo estaba no seu sitio ou seguindo o rumbo establecido: continuaban as obras dos paseos da ponte, había unha máquina traballando na rotonda da nova estrada ó porto do Chufre, as obras do Plan Nacional de Emprego estaban rematadas...
Todo, todo... non estaba no seu sitio. O sinal que hai diante da rotonda ó fin da ponte estaba deitado panza arriba. Algún condutor con mais sensibilidade estética que pericia guindouno para arremeter contra o horrible pelexo verde sintético que cubre a rotonda. ¡Que linda estaría con un chan de area prensada e plantas autóctonas! (É evidente que as plantas autóctonas son prexudiciais para a financiación dos partidos).
A miña rúa (Con do Moucho)esperábame coma sempre, coas beirarrúas esbarrancadas e con aire de "Cincenta" do rueiro, despeitada,agraviada,parecía reprocharme o seu abandono: "Os teus amigos do concello esquecéronse de min unha vez máis".
O día seguinte pola tarde fun dar unha volta ó Carreirón. Vin que o novo paseo do leste xa chegaba ó balado e tamén empedraran a rotonda.
Levei un cesto para ver si xa saíran algúns cogomelos. En menos de media hora enchín o cesto de boletos.
Conclusión, para apañar cogomelos non é preciso viaxar moi lonxe, é preciso ir a onde se dean as condicións.
(O mesmo que a corrupción)
11 comentarios:
Ben vido. Xa nos estabas tardando. O artigo moi bon, coma sempre. Parabéns.
QUERIDO PROFESOR DA ILLA DE AROUSA!Y ALCALDE POR MOITOS ANOS.ALEGROME MOITO DE HABER TOPADO ESTE BLOG! FELICIDADES E QUE SIGAS ASI POR MOITOS ANOS.
Gracias Na Arousa, lamento ter un pouco descoidados os meus blogs; estou con un traballo de recolleita de datos para unha época histórica da Arousa e non me deixa vagar.
Para Esther:
Gracias polos ánimos que me das. Entrei na túa páxina, que me gustou moito, de maneira aespacial as fotografías. Algdunhas son lindísimas.
Parabéns e ánimo.
na arousa ti tamen debes de estar xubilado porque non fajo mais que ver comentarios teus en varios blogs relcionados con arousa. curioso
.
Terei que cambiar de apodo, senón aínda me ides chamar palanquín... Agora ben, si eu escribo moito e ti os les todos, será que compartimos ocupación. Ou tamén pode ser que con este nome escriban varias persoas, ou... vai ti saber.
Facía tempo que non viña por aquí e, lendo a tua reflexión, intento adiviñar si te quedas só nun fácil xogo de palabras ou tes unha certa intención malévola cos teus correlixionarios.
Creo que che teño oído nalgures a expresión de que "está o vello a morrer e está a aprender" á que eu engadiría a de "de vello ghaiteiro";pois eso.
Olá Pepito:
Alégrame verte por estas páxinas.
sempre me gustou o dito "de vello gaiteiro", anque non sei moi ben o que quer dicir. Penso que é unha maneira de pretender descalificar os vellos que se resisten a selo e compórtanse coma mozos.
Tamén hai mozos que se comportan coma vellos. Non teñen os arreños de ser revolucionarios nin na mocidade.
En canto os cogumelos, que se dan por estes eidos,son moi bos os que esporan por Ribadumia e nacen na rúa Montero Ríos de Pontevedra.
(Para máis información remítote o meu blog Atalaya de Arousa-entrada la "La Lonja de la Seda")
¡Que te divirtas!
Ejem falemos de setas. agora xa sei porque non encontro nin un champiñon. que son os unicos que me atrevo a coller porque son os unicos que conozco. non estaria de mais que me deses unha boa leccion de setas xa que teño unha colecion delas no meu blog e non coñezo ninguna.Saludos de Josiño, do pai e de Rogelio.Sigue asi...
Esther
Como non encontro posibilidade d facer comentarios as túas fotos aproveito para felicitarte pola nova presentación e sobre todo quero mostrarche o meu parecer sobre unha fotografía, que me parece maravillos: a da botella perdida na praia.
Hola Sito;alegrome que te gustase esa foto. a mi me encanta. muchas veces me preguntaron si era una foto preparada, si yo habia colocado esa botella ahi, no, ademas la botella tenia mensaje, un mensaje un tanto triste, un mensaje de desamor.cosas de la vida. BIKIÑOS!
Publicar un comentario