Non nos faltaban
problemas, pero agora sucede que pariu a aboa.
Hai políticos
especialistas en crear problemas. Xusto o contrario do que deberían
facer.
Un exemplo do que estou
dicindo é a decisión da Consellería de Pesca de prohibir a captura
do camarón nas bateas.
Desde que se montaron
aqueles primeiros artefactos pendurados do casco de un barco vello,
hai máis de cincuenta anos, os trueleiros, veñen pescando camarón
nas bateas. Teñen un dereito adquirido. Ese dereito non se pode
rescindir sen máis. As bateas son concesións administrativas, con
un fin produtivo, que non exclúe outras actividades.
A pesca do camarón non
prexudica ó cultivo do mexillón. Só os nosos dirixentes da Xunta
ven un prexuízo agora, que non se dou en máis de medio século.
Ganas de líala ou de meterse cos trueleiros da Arousa.
Honestamente non sei que
procuran, como non sexa cabrear os mariñeiros.
En realidade é un abuso
que están cometendo con unha disposición arbitraria que para min
roza a ilegalidade.
Os trueleiros teñen un
dereito adquirido (consuetudinario), que lle permite o recurso a esta
arbitraria disposición.
A Confraría debería
interpoñer un recurso xudicial contra a disposición da Consellería
en defensa de un dereito adquirido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario