domingo, 12 de diciembre de 2010

"ANECDOTARIO DE LA CONSERVA"

O pasado venres día 10 de decembro foi presentada no Museo da Conserva da Arousa o libro “Anecdotario de la Conserva”. Escrito por D. Juan Fernández Casal.
O Sr. Casal, como se lle coñece na Arousa foi durante a década dos cincuenta (1950-1960) Xefe de fábrica de Conservas Goday.
Ó acto de presentación acudiron moitas das mulleres traballadoras que aínda viven, achegados e curiosos, membros do goberno municipal e o director de Caixanova, entidade que xunto co Concello patrocinou a edición.
O Alcalde fixo a presentación do autor e dou lectura a unhas palabras que se recollen no prólogo do libro, na que se valora positivamente este aporte como complemento a historia do noso pobo. Tamén resaltou o valor paradigmático que representa a dureza da vida de aquela época para a xuventude de hoxe.
O autor do libro, con unha vitalidade sorprendente para un home de 87 anos fixo en un moi bo galego unha emotiva retrospectiva da época, moi sinxela e evocadora e unha xustificación das razóns polas que se inclinou por a lingua “castellana” a hora de redactar o libro.

Tiven ocasión de ler o texto meses antes da súa publicación. Un libro ben documentado, cheo de anécdotas, das condicións técnicas das conserveiras da época, de todo o mundo que xiraba arredor de esas altas chemineas, baseadas na excelente memoria do autor e de un traballo de investigación no que colaboraron as traballadoras e de maneira especial Juan Dios Chaves (Juan da Morena), testemuña fundamental da Arousa dos anos cincuenta.
Unha vez lido o libro considerei que o mesmo era un excelente paseo primaveral por o complicado mundo das conserveiras de mediados do século pasado.
Digo Paseo primaveral, pois o autor non afonda nas condicións persoais que se vivían dentro dos muros das fábricas, onde as mulleres eran maltratadas, asoballadas e sufrían continuos acosos e abusos e as condicións de traballo eran infrahumanas. Estes aspectos escabrosos son ignorados ou simplemente insinuados.

Antes de facer o presente comentario revisei o libro publicado e vin que se engadiran algúns capítulos e varias fotografías que non figuraban no orixinal ó que tiven acceso. Valen máis cen palabras de menos que unha de máis, téñolle oído dicir os vellos de antes. Este consello non o debía coñecer o Sr. Casal.
Estas novas fotos e estes comentarios sobraban, están fora de contexto e non fan máis que devalar unha obra digna, que con estes novos ingredientes parece buscar o agrado de determinadas persoas ou familias.

Polo demais agradecer ó Concello e a Caixanova a publicación de esta testemuña e o autor de este estupendo retrato de un tempo en que as fábricas cheiraban a saín e a humidade e que el fai que arrecendan a rosas e xasmín.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Que bonito y que bien nos lo pasavamos en aquellos marabillosos años. La materia prima que empleavamos la pagavamos o no, los sueldos, los pagavamos o no, tocavas la brua a las tres de la mañana de un domingo y todo dios a trabagar, incluidas las meniñas, que no tubieron tiempo para ir a la escuela y ahora prefieren que escriva el testo en castellano, total da igual, algunas no saven leere. Cuando quisieron juvilarse muchas descubrieron que nunca se cotizara por ellas despúes de haberse dejado la vida en la fábrica y hecho ricos a unos cuantos. Y que dice el untamiento? pues que no hai fallo, que da dinero pal libro y el Alcalde lo presenta. Que adelantadas te eran estos señores oes!

sito vazquez dijo...

Gracias, Na Arousa, por dicir o que eu non me atrevín a facer por respecto a idade do autor,as súas profundas conviccións Católicas e o feito de facer en traballo sobre unha época da Arousa, cebarme na crítica parecíame de desagradecido. Todo o que dis é certo e quédaste corto. Pois a todo isto que é cuantifible hai que engadir o maltrato sicolóxico (acoso sexual, violacións,etc.)
De todas maneiras, a hora de valorar o libro "ese paseo primaveral" polas conserveiras dos anos cincuenta hai que recoñecer,que nos aspectos que lle interesa destacar está ben documentado.

Anónimo dijo...

Non lin o libro nin pensado teño, de momento. Non paga a pena seguir. O momento non é oportuno. Esperan outros traballos, ben complicados por certo.

Anónimo dijo...

Oes, e o dos magnólios?, a quen se lle ocorren estas cousas?. Si é que aínda que un non queira non se pode estar calado.

sito vazquez dijo...

Non sei de que vai. Cóllesme fora de xogo.Levo unha semana castigando ó "mono". Acabo de chegar de Portugal e volta ó vicio. Dos magnolios o único que sei é que son unhas grandes árbores procedentes de oriente de grandes flores brancas. Ou se cadra hainas de máis cores?

sito vazquez dijo...

Xa me enterei que cinco magnolios, que lle daban un toque verde a Avenida da Ponte foron condenados ó inferno por ir contras leis da natureza cometendo un gravísimo pecado municipal. O pecado cometido foi o coñecido como xeotropismo negativo, que consiste en que as raíces crecen cara arriba, molestando o lecer das baldosas da beirarrúa.

Manu dijo...

Ta ben. E logo non sería máis fácil cortalas raíces... Deixa quedalo conto.