jueves, 24 de junio de 2010

TRADICIÓNS EN RISCO




Esta mañá de san Xoán lavei a cara co recendo da  auga das herbas para limpar os cheiros do churrasco e das sardiñas, que saben mellor do que cheiran.
Onte, no solpor do serán unha brétema densa, cargada de aromas, aboiaba por encima da Arousa e entroume polos poros do coiro. Se cadra tamén a comín, pois mesmo se podía mascar.
As praias estaban atestadas de  mozos agrupados en bandadas arrodeando o cachada aínda sen prender, mentres asaban  nunha grella  as viandas.
Estas tradicións festivas, con comida e sobre todo con bebida non corren perigo de extinción.
Pero hai tradicións, que corren un grave risco, como é o caso da fotografía que me cedeu "Genito", que se pode considerar un símbolo do futuro que nos espera:
As chalanas esperando ó chisqueiro que lle prenda o lume, observadas a prudente distancia por os bloques dunha urbanización.

No hay comentarios: