jueves, 9 de agosto de 2007

FLORA (E FAUNA) INTERMAREAL EN CARREIRON

O PARQUE




O Parque Natural de Carreirón ubícase no S.O. da Illa de Arousa, formando unha península unida o resto da Illa por o vao das Salinas.


Forma parte do complexo intermareal da desembocadura do río Umia


Trátase dunha zona humida protexida polo Convenio Ramsar incluída na Rede Natura da Unión Europea.
















Sobre este Parque Natural fixéronse varios traballos interesanates , dous deles foron galardonados:

O primeiro deles foi realizado por un colectivo de profesores do Colexio

Público de Primaria da Illa de Arousa arredor de 1990, que obtivo o segundo premio da Fundación Rodríguez de la Fuente.

O segundo feito mais recentemente por profesores e alunos do Instituto de Ensino Medio de Vilanova de Arousa, baixo a dirección de un arousán e amigo, Vicente Poza, que conseguiu o premio Voz Natura no ano 1998. (Para unha maior información sobre este parque existen varias webs, destacando por a información contrastada a do Instituto de Vilanova de Arousa: usuarios.lycos.es/carcamans/


A FAUNA:

Este Complexo intermareal ten unha especial importancia pola singularidade e diversidade da súa fauna aviar e piscícola, facilitada por a mistura das augas doces do río Umia coas de baixa salinidade da ría de Arousa debilitada esta polas aportacións do río Ulla e polo empuxe mareal do océano Atlántico, constituíndo un espacio practicamente único, que facilita a supervivencia de especies pouco coñecidas ou pouco extendidas.



FAUNA AVIAR

A ensenada que cerran a illa de Arousa e a península do Grove acolle durante o inverno o pe de 15.000 aves marinas e comúns da zona: Paíños, mascatos, Araos (común e dos cons) , corvos mariños (real e cristado), garzas e garzotas, espátulas, alabancos (real e parrulo pentumeiro) mergo común e mergotrullo, miñatos (común e lagarteiro), paspallás, píllaras (real e papuda), píldoras (cincenta, dourada e raiada), pilros (bulebule, groso, curlivico), pilriños, biluricos ( común e bailón) , liorteiros, mazaricos (curlí ou real e galego), agullas colipintas, becacinas, papamerdas (palanquín e real), gaivotas (escura e chorona), gaivotóns, carráns (cristado e común), pirrís, pombos, rulas, cucos, coruxas, mouchos, avenoiteiras, vencellos, martiños peixeiros, bubelas, petos, cotovías, labercas, anduriñas, picas dos prados, lavandeiras (branca, real e parda), azulentas, picaxuncos, lirios marelos, papuxas (común, das amoras, dos montes), picafollas, papamoscas negro, chascos, xílgaros, verderolos, pardillos, xirins, gorrións (orelleiro e pardal), estorniños (pinto e negro), pedreiros, curroxos, paporoibos, merlos, tordos, ferreiriños (bacachís, común e abelleiro), carrizos, escribideiras, pegas rabilongas, corvos (carnazal e viaraz), etc.


1 comentario:

Anónimo dijo...

Enhorabuena por el Blog Sito, eu son sobriño de Sito Bua da Illa, podes visitarme en A Dorna da Rede.

Un abrazo dun carcamán de corazón, galego na diaspora.