O meu nome é Sito, estou
xubilado, moro na Illa
de Arousa (Galicia-España).
Máis que aficcións teño
nostalxias e asignaturas
sen aprobar.
Nesta páxina pretendo
reflectir o presente
desde a saudade do pasado.
A Academia Galega do Audiovisual acaba de conceder os premios MESTRE MATEO correspondentes ó ano 2.007. No apartado Premio ó mellor documental, recibiu o galardón a curtometraxe "Historia dunha Parroquia", dirixida por MARCOS NINE BUA
Marcos Nine Bua é un xoven arousán, nacido na Illa no ano 1977 , que con só trinta anos ten adquirido un recoñecido prestixio no campo audiovisual, como director e guionista de decumentais. Co "curto" "Historia dunha parroquia", acadou o premio ó mellor documental, galardonado co Mestre Mateo, que lle foi entregado o martes día 15 de abril.
Marcos ten realizados varios traballos entre os que destacan:
Guión, Dirección e Montaxe do documental “Historia dunha parroquia” para Bren Entertaiment. 2007
Guión do Spot “Comarcas de Muros e Noia” para Saga Tv. 2006 Guión do Spot “Compostela capital de compras I e II” para Saga Tv. 2005-2006 Dirección do videoclip “Xénese” do grupo Dios ke te Crew para I.B. Cinema. 2006 Guión, Dirección e Montaxe do documental “Pensando en Soledad” para I.B. Cinema.2006 Guión, Dirección e Montaxe da curtametraxe documental “Jedn” para I.B.Cinema.2006 Guión da curtametraxe “Buenos Días”.de Dani de la Torre. 2006 Guionista de Terra de Miranda para Voz Audiovisual. 2002-2005 Guionista de “As leis de Celavella” para Voz Audiovisual. 2005 Edición de guión e Axudante de producción da curtametraxe “Mártires” para I.B. Cinema. 2004 Guión, Dirección e Montaxe do documental “Carcamáns” para I.B. Cinema. 2003 Guionista de Mareas Vivas para NTR.2001-2002 Axudante de producción da cutametraxe “O trasto” para Lorelei Producciones. 2001 Guión de “Así é Miranda II” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001 Guión de “Así é Miranda” (Best/Making of da serie Terra de Miranda) 2001
Guión de “Así se fixo Mareas Vivas 8” (Making of da serie Mareas Vivas) 2001
Axudante de produción da curtametraxe “Toda clase de pieles” para Zapata Pc . 2000
Desde este recuncho da illa sentímonos moi orgullosos dos seus éxitos, que temén consideramos que son algo nosos. ¡Parabéns, Marcos! e a seguir recollendo galardóns, que os mereces.